José Cavalcanti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Cavalcanti
Nacemento1 de decembro de 1871
Lugar de nacementoSan José de las Lajas e A Habana
Falecemento3 de abril de 1937
Lugar de falecementoDonostia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e militar
CónxuxeNieves Quiroga Pardo Bazán
PremiosCruz Laureada de San Fernando, Gran Cruz de la Orden de San Hermenegildo e Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco
editar datos en Wikidata ]

José Cavalcanti de Alburquerque Padierna de Villapadierna, nado na San José de las Lajas, Cuba, o 1 de decembro de 1871 e finado en Donostia o 3 de abril de 1937, foi un militar e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Provén dunha familia de orixe italiana, establecida no Brasil (Pernambuco) dende inicios do século XV. En 1888 ingresou na Academia Xeral Militar de Toledo e despois na Academia de Cabalería de Valladolid. En 1895 formou parte do Escuadrón expedicionario a Cuba de Húsares de Lusitania, onde obtivo o emprego de comandante, permanecendo na illa ata 1898. Durante catro anos foi agregado militar na Embaixada Española en Roma.[1] Con trinta e oito anos, por méritos de guerra, ascendeu a coronel, mandando o Rexemento de Húsares de Pavia.

En 1909 ascendeu a tenente coronel participando na campaña de Melilla na División de Cazadores do xeneral Tovar. Ao mando da cabalería e á fronte do Batallón de Cazadores Afonso XII nº 15, o 20 de setembro, na acción de Taxdirt obtivo a Cruz Laureada de San Fernando. Axudante de Campo do Xeneral Tovar, Xefe da División de Cazadores, recibiu ordes deste para poñerse á fronte do 4º Escuadrón do Batallón de Cazadores Afonso XII nº 15, 21 de Cabalería, e empregalo na forma que crera máis conveniente. Na honra desa carga, formouse o Rexemento de Cazadores de Taxdirt.[2] Participou nos combates de Zeluán e do Zoco el Jemis de Beni Bu Ifrus. Ascendido a xeneral foi nomeado Comandante Xeral de Melilla en 1921, logo do desastre de Annual, reorganizou servizos e tropas. Resolveu con audacia o convoi a Tizza, en acción persoal levantou o asedio, sendo proposto para a Laureada.

Ascendeu a tenente xeneral en 1924. Foi xefe da Casa Militar de Afonso XIII (1923-1924).

1930: en primeira fila: Primo de Rivera, Afonso XIII e Cavalcanti.

Foi elixido deputado polo distrito de Betanzos nas eleccións de 1914.

En 1923 participou nos preparativos do Golpe de Estado de 13 de setembro de 1923, formando parte do Cuadrilátero, o primeiro Directorio Militar, que gobernou en España do 13 ao 15 de setembro. Lonxe de postos de responsabilidade, ata que en 1930 foi nomeado Capitán Xeneral de Andalucía.

Foi xulgado, en xuízo oral e público, polo Tribunal de Responsabilidades, nomeado polas Cortes Constituíntes da Segunda República Española, que viu a causa sobre as derivadas do Golpe de Estado de 13 de setembro de 1923.[3] Monárquico convencido, participou na sublevación do xeneral Sanjurjo contra a República, sendo encarcerado.

Na sublevación do 18 de xullo de 1936, púxose á fronte das forzas do bando sublevado en Galicia.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O 24 de outubro de 1910 casou con María de las Nieves Quiroga Pardo-Bazán, III condesa da Torre de Cela, filla de Emilia Pardo Bazán e José Quiroga Pérez de Deza.

Afonso XIII concedeulle o título de marqués de Cavalcanti o 17 de marzo de 1919. Foi tamén I Conde de Taxdirt.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]