Saltar ao contido

Severiano Martínez Anido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSeveriano Martínez Anido

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de maio de 1862 Editar o valor en Wikidata
Ferrol Editar o valor en Wikidata
Morte24 de decembro de 1938 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Valladolid Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio del Carmen Editar o valor en Wikidata
Ministro do Interior de España
30 de xaneiro de 1938 – 24 de decembro de 1938
← Julián Zugazagoitia – Ramón Serrano Suñer →
Ministro de Orde Público
xaneiro de 1938 – decembro de 1938
Ministro de Gobernación
decembro de 1925 – xaneiro de 1930
← Martín Rosales Martel – Enrique Marzo Balaguer →
Ministro do Interior de España
23 de setembro de 1923 – 30 de xaneiro de 1930
← Millán Millán de Priego (en) Traducir – Enrique Marzo Balaguer →
Subsecretario do Ministerio da Gobernación
setembro de 1923 – decembro de 1925
Gobernador civil da provincia de Barcelona
20 de novembro de 1920 – 24 de outubro de 1922
← Federico Carlos Bas Vassallo (en) Traducir – Julio de Ardanaz Crespo → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, político Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarxeneral Editar o valor en Wikidata
Participou no conflitoguerra civil española
guerra do Rif
guerra hispano-estadounidense Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosBaldrich, Rafael Martínez-Anido Baldrich Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 149717 BNE: XX1226945

Severiano Martínez Anido, nado en Ferrol o 21 de maio de 1862 e finado en Valladolid o 24 de decembro de 1938, foi un militar galego do exército español, e tamén pintor.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carreira militar

[editar | editar a fonte]

Entre 1880 e 1884 estudou na Academia de Infantaría de Toledo, ata que co grao de alférez provisional o destinaron a Xirona. En 1886 marchou á fronte africana, onde participou co Exército español nas primeiras fases da guerra de África (1886-1896). Nese ano ofreceuse voluntario a marchar a Filipinas, onde combateu co exército español na guerra de Filipinas (1897), logrando o grao de comandante.

Despois duns anos de servizo na Península, regresou en 1909 á fronte de Marrocos, onde ascendeu a coronel en 1910. Debido á súa proximidade ao rei Afonso XIII, o monarca nomeouno director da Academia de Infantería de Toledo en 1912. En 1914 chega ao grao de xeneral, de brigada, co que volve de novo a África ata 1916 e despois de novo tomando posesión do seu destino en Tetuán en 1917.

Durante o mes de xaneiro de 1917, foi comisionado para visitar as posicións británicas e francesas en Ruán e Verdún. Realizou a visita xunto de Miguel Primo de Rivera, con quen estreitara unha forte amizade nas campañas marroquís. Ambos militares quedaron impresionados cos bombardeos, as avanzadas de tanques, o uso de gases tóxicos e a eficiencia dos hospitais de campaña. Durante a súa estadía conxeniaron co mariscal Petáin, que lles fixo de guía en Verdún.[1]

Carreira política

[editar | editar a fonte]

Ás poucas semanas nomeárono gobernador militar de Donostia. En 1918 ascendeu a xeneral de división. Ao ano seguinte foi designado para o goberno militar de Barcelona coa misión de reprimir as manifestacións e tensións nacionalistas e obreiras.[2] Meses despois pasa á rama civil, cando o tamén galego Gabino Bugallal, daquela ministro de Graza e Xustiza, o nomeou gobernador civil de Barcelona.

A súa actuación destacou pola extrema dureza da represión policial, especialmente, contra o anarcosindicalismo[3] durante os anos do pistoleirismo.[4] En marzo de 1922, Primo de Rivera foi nomeado capitán xeneral de Cataluña. Co financiamento da patronal catalá fomentaron a actuación do Sindicato Libre, e máis en particular dos seus pistoleiros, que protagonizaron numerosos atentados e execucións extraxudiciais de líderes obreiros.[5]

Entre estes atentados destacou o que malferiu ao cenetista Ángel Pestaña o 25 de agosto, en Manresa. Así mesmo, planificou un simulacro de atentado contra si mesmo coa idea de reforzar o seu prestixio. Na organización do simulacro, tres anarquistas foron asasinados pola policía na madrugada do 23 ao 24 de outubro. Un cuarto anarquista, que sobreviviu, revelou o complot. Ao día seguinte foi destituído o xeneral Arlegui, xefe da policía barcelonesa. O 25 de outubro, en solidadariedade co seu colaborador, Anido dimitiu.[6]

Severiano Martínez Anido (1912).

Aínda que membros destacados do exército e da burguesía catalá trataron de interceder e o propio rei ameazou ao primeiro ministro, Sánchez Guerra, con non asinar a dimisión, esta fíxose efectiva. Pouco despois Anido foi nomeado gobernador militar de Cartaxena e máis tarde comandante xeneral de Melilla. Na praza norteafricana fíxose cargo da loita contra Abd el-Krim e promoveu un asalto á Baía de Al-Hoceima, pero o goberno non aceptou a súa proposta e dimitiu.[7] Este feito sería unha das razóns que acabou por decidir a Primo de Rivera ao golpe de estado do 13 de setembro de 1923.

Participación na ditadura de Primo de Rivera (1923-1930)

[editar | editar a fonte]

Anido foi a man dereita de Miguel Primo de Rivera durante a ditadura que este encabezou entre setembro de 1923 e xaneiro de 1930. Durante a primeira fase da ditadura, o Directorio MIlitar (1923-25), ocupou o cargo de subsecretario do ministerio da Gobernación, habilitado coa capacidade do ministro, en 1924 como delegado do Directorio militar e encargado da Xunta Central de Abastos, e xa ao ano seguinte finalmente co cargo de ministro da Gobernación (1925), cargo co que ademais ocupou a vicepresidencia do goberno de Primo.

Ata o 30 de xaneiro ocupou o ministerio, simultaneándoo coa carteira de Defensa cando o seu titular, Juan O'Donnell, estaba enfermo, e tamén substituíndo a Primo de Rivera nas súas ausencias. Nesta época, ademais, logrou o grao de xeneral.

Anido conservou tal ascendencia sobre Primo de Rivera que foi o encargado de convencelo para que dimitise. Na madrugada do domingo 26 de xaneiro Primo remitiu unha carta aos dez capitáns xenerais e outros altos mandos militares preguntándolles se seguía conservando a confianza do exército. En caso de que as respostas fosen negativas, comprometíase a dimitir. En efecto, entre as respostas predominaban aquelas que mostraban un tépedo apoio ao ditador: Anido reuniuse con el na tarde do 27 de xaneiro, logrando convencelo de que a dimisión era a única saída honorábel. Así mesmo, Anido foi un dos membros da terna que Primo propuxo ao rei na súa substitución.[8]

Exilio e participación na Guerra Civil

[editar | editar a fonte]

Coa caída de Primo, en xaneiro de 1930, marchou ao exilio a Francia. O goberno saído da proclamación da Segunda República Española expulsouno do Exército Español. En 1933 venceu nas eleccións a conservadora CEDA e, sen reintegrarse ao exército nin volver do exilio, puido percibir unha pensión militar. Durante estes anos dedicouse por enteiro á pintura.

Ao estourar a Guerra civil española volveu a España, alistouse no bando nacional e foi nomeado presidente do Patronato Nacional Antituberculoso. En outubro de 1937 nomeárono xefe dos servizos de Seguridade interior, Orde pública e Fronteiras, dependente directamente de Francisco Franco. En febreiro de 1938, Franco nomeouno ministro de Orde Pública,[9][10] dende onde se encargou de organizar boa parte da represión militar e xudicial do bando nacional, con tanta crueldade[11] que membros da Falange Española quixeron apartalo do cargo, se ben outros historiadores sinalan a Martínez Anido como unha persoa humana e moderada coa represión.[12] Con todo, faleceu ao remate dese ano 1938 de morte súbita.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Gran Cruz de Carlos III
  • Gran Cruz Vermella do Mérito Militar (1915)[13]
  • Gran Cruz de la Real y Militar Orden de San Hermenegildo (1922)[14]
  • Gran Cruz (con distintivo blanco) de la Orden del Mérito Naval (1929)[15]
  • Gran Cruz (con distintivo blanco) de la Orden Civil de Beneficencia (1929)[16]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Foi pai do debuxante e ilustrador Robert Martínez Baldrich.

  1. ↑ Quiroga Fernández de Soto (2022), pp. 49–51.
  2. ↑ El ministro de Orden Público, general Martínez Anido, ABC, 1/2/1938.
  3. ↑ Thomas (1976), p. 40.
  4. ↑ Thomas (1976), pp. 44–45.
  5. ↑ Quiroga Fernández de Soto (2022), pp. 67–71.
  6. ↑ Quiroga Fernández de Soto (2022), pp. 70–71.
  7. ↑ Boyd, Carolyn P. (1979). "Chapter Eleve: The Clenched Fist". Praetorian Politics in Liberal Spain (en inglés). University of North Carolina Press.
  8. ↑ Quiroga Fernández de Soto (2022), pp. 233–236.
  9. ↑ "Decreto núm. 445 nombrando Público al Teniente General D. Severino Marínez Anido" (PDF). boe.es. 1 de febreiro de 1938. p. 5547. Consultado o 17 de decembro de 2023.
  10. ↑ Payne (1976), p. 330
  11. ↑ Payne (1961), p.183
  12. ↑ Hugh Thomas. La guerra civil española, Diario 16. Madrid 1976, páxina 640.
  13. ↑ Ministerio de la Guerra (11 de xuño de 1915). "Reales Decretos" (PDF). boe.es (en castelán). Gaceta de Madrid nº 162. p. 687. Consultado o 17 de decembro de 2023.
  14. ↑ Ministerio de la Guerra (14 de outubro de 1922). "Reales Decretos" (PDF). boe.es (en castelán). Gaceta de Madrid, nº 287. p. 170. Consultado o 17 de decembro de 2023.
  15. ↑ Ministerio de Marina (22 de outubro de 1929). "Ministerio de Marina" (PDF). boe.es (en castelán). Gaceta de Madrid, nº 295. Consultado o 17 de decembro de 2023.
  16. ↑ "Presidencia del Consejo de Ministros" (PDF). boe.es (en castelán). Gaceta de Madrid, nº 311. 7 de novembro de 1929. p. 763. Consultado o 17 de decembro de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]