Antonio Dabán Vallejo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de febreiro de 1877 Madrid, España |
Morte | 12 de febreiro de 1925 (47 anos) |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Antonio Dabán Vallejo, nado en Madrid o14 de febreiro de 1877[1] e finado en Villanueva de la Reina, Xaén, o 12 de febreiro de 1925, foi un militar español, fillo do tamén militar Antonio Dabán e Ramírez de Arellano.[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Participou en diversas campañas en Filipinas (1897), onde obtivo varias distincións e conseguiu o ascenso a capitán e, posteriormente, no Protectorado españo, de Marrocos: Melilla (1911), Ceuta-Tetuán (1913-15) e Larache (1922).[1] En 1919, foi declarado apto para ascender a xeneral de brigada.[2]
Formou parte dun grupo de militares monárquicos xunto con Cavalcanti, Federico Berenguer e Saro, que se denominou o Cuadrilátero e que participou activamente no golpe de Estado de Primo de Rivera de setembro de 1923,[2] e do que xurdiu o Directorio Militar que, presidido por Primo de Rivera, asumiu o poder e do que tamén formou parte.[1] Posteriormente, organizou os somatenes na I Rexión Militar, sendo ascendido a comandante xeral.[4]
Suicidio
[editar | editar a fonte]Antonio Dabán padecía unha neurastenia agravada pola depresión en 1924 como consecuencia da morte da súa muller, polo que en 1925, a piques de contrae-lo seu segundo matrimonio cunha irmá da falecida, quitouse a vida cun disparo que entrou pola tempa dereita e saíu pola orella esquerda.[1] Tiña once fillos.
Foi enterrado no panteón familiar de Andújar.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Redacción (13 de febreiro de 1925). "Ayer en Ándujar. Suicidio del general Dabán.". La Voz. p. 3. Consultado o 8 de setembro de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Ramiro de la Mata, Javier. "Antonio Dabán Vallejo". dbe.rah.es. Consultado o 10 de setembro de 2023.
- ↑ Payne (1976), p. 165 (Erroneamente, Payne, afirma que seu pai era Luis Dabán quen era, en realidade, seu tío).
- ↑ Gran Enciclopedia de España (en castelán). Zaragoza: Enciclopedia de España, S.A. 1990. ISBN 84-87544-01-0.
- ↑ Redacción (14 de febreiro de 1925). "Detalles del suicidio de Dabán". La LIbertad (en castelán). p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Payne, Stanley G. (1968). Los militares y la política en la España contemporánea (en castelán). Ruedo Ibérico.