Ḷḷena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lena, Asturias")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°04′59″N 5°47′32″O / 43.08306, -5.79222

Ḷḷena
Ḷḷena
Bandera de Lena.svg
Escudo de Lena.svg
Pola de Lena - Ayuntamiento.jpg Felgueras (Lena) - Apeadero de La Cobertoria.jpg
Las Ubiñas, panorámica.jpg
Santa Cristina de Lena.jpg Santa Cristina de Lena III.jpg
Estación de Valgrande-Pajares.JPG
Casa do concello de Ḷḷena. Apeadoiro de La Cobertoria. Vista panorámica de peña Ubiña. Vista de Santa Cristina de Ḷḷena. Vista de Santa Cristina de Ḷḷena. Payares nevado.
Localización
L.lena Asturies map.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaPrincipado de Asturias Asturias
ProvinciaAsturias
ComarcaComarca do Caudal
Xeografía
Altitude306 msnm
Superficie315,51 km²
Demografía
Poboación10 701 hab. (2020)
Densidade35,75 hab/km²
Outros datos
Código postal33620 - 33639
AlcaldeGema Álvarez Delgado (EU)
Páxina do concello de Ḷḷena

Ḷḷena[1] (en castelán: Lena) é un concello do Principado de Asturias. En 2020 tiña unha poboación de 10 701 habitantes.

Atópase no sur da comunidade en plena Cordilleira Cantábrica. Limita ao norte con Mieres, ao oeste con Riosa e Quirós, ao leste con Ayer e ao sur coa provincia de León. No límite con esta provincia atópase o Peña Ubiña, de 2.417 metros de altitude.

Toponimia[editar | editar a fonte]

En virtude do Decreto 74/2005 de 7 de xullo de 2005,[2] publicado no BOPA do 26 do mesmo mes, foron aprobadas as formas oficiais dos topónimos das parroquias e lugares do concello de Ḷḷena, pasando a ser oficiais en todos os casos as denominacións en lingua asturiana.

Demografía[editar | editar a fonte]

Gráfica de evolución demográfica de Ḷḷena entre 1842 e 2018

Parroquias[editar | editar a fonte]

Está formado polas parroquias de Cabezón, Campumanes, Carabanzo, Casorvía, Castieḷḷo, Chanos de Somerón, Columbieḷḷo, Congostinas, Erías, Felgueras, La Pola, Las Puentes, Muñón Cimiru, Muñón Fondiru, Parana, Payares, Piñera, Samiguel del Río, Sotieḷḷo, Teyeo, Tuíza, Viḷḷayana, Xomezana e Zurea. A capital do concello é La Pola.

Turismo[editar | editar a fonte]

Estación de Esquí de Valgrande-Pajares.

Cultura[editar | editar a fonte]

Destaca como monumento histórico a igrexa de Santa Cristina de Ḷḷena (do século IX) de estilo prerrománico, declarada Patrimonio da Humanidade. A igrexa conta, na antiga estción de tren de La Cobertoria, cun centro de interpretación do prerrománico asturiano.

Deporte[editar | editar a fonte]

O concello de Ḷḷena destaca pola práctica de deportes de montaña. Sendo considerado o macizo de Ubiña como unha das mellores zonas de montaña da cordilleira Cantábrica. O macizo é unha paisaxe protexida e forma parte do parque natural de Les Ubiñes-La Mesa.

No porto de Payares atópase a estación de esquí Valgrande-Pajares. Con máis de 50 anos de historia, é unha das estacións pioneiras en España. Ofrece todo tipo de servizos para a práctica de deportes de inverno.

Festas[editar | editar a fonte]

O primeiro domingo de xullo celébrase conxuntamente co concello de Quirós a Festa do año ao espeto no «Prau Ḷḷagüezos», declarada de interese turístico en 1984.[3] Nela outórganse os galardóns «Güelos del Aramo» (Avós do Aramo) á parella máis idosa da zona.

Na capital do concello, La Pola, hai dúas festas de interese. En abril as festas da flor no val de Naredo, cun mercado artesán con anos de tradición e en outubro a festa da Nosa Señora do Rosario, tamén coñecida como "Les Feries".

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]