Saltar ao contido

Ayer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aller»)
Ayer
 Nome oficial
    Aller (es) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
    allerano (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
15.100 (2001) rexistro civil
14.786 (2002) rexistro civil
14.036 (2004) rexistro civil
13.702 (2005) rexistro civil
13.421 (2006) rexistro civil
13.193 (2007) rexistro civil
12.970 (2008) rexistro civil
12.766 (2009) rexistro civil
12.582 (2010) rexistro civil
12.324 (2011) rexistro civil
12.136 (2012) rexistro civil
11.906 (2013) rexistro civil
11.768 (2014) rexistro civil
11.555 (2015) rexistro civil
11.286 (2016) rexistro civil
11.027 (2017) rexistro civil
10.808 (2018) rexistro civil
10.613 (2019) rexistro civil
10.413 (2020) rexistro civil
10.346 (2021) rexistro civil
10.201 (2022) rexistro civil
10.076 (2023) rexistro civil
10.012 (2024) rexistro civil
10.011 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   5.365 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   5.248 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Número de fogares
   7.200 (2001) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   376,32 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   2.123 m Editar o valor en Wikidata
 Punto máis baixo
    río Ayer Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal33686 Editar o valor en Wikidata
Código INE33002 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap345846 Editar o valor en Wikidata
VIAF105144814366681371597 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0dr0gj Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX452898
Wikidata G:Commons C:Commons
Río Ayer

Ayer, nome oficial en asturiano,[1] (en castelán: Aller) é un concello da comunidade autónoma do Principado de Asturias en España. Limita ao norte con Mieres, ao sur coa provincia de León, ao leste con Llaviana, Casu e Sobrescobiu e ao oeste con Ḷḷena. Ten unha poboación de 10.201 habitantes.

Cruzado polo río do mesmo nome, forma parte xunto cos concellos de Ḷḷena e Mieres da conca mineira do Caudal. A súa principal actividade económica foi a minería do carbón, especialmente na parte baixa do val, compaxinada coa agricultura e a gandería. O curso baixo do río Ayer, preto da súa confluencia co Caudal, forma un val profundo entre empinadas ladeiras cubertas de bosques. Dominan a paisaxe as torres dos pozos de carbón e as edificacións dos pobos mineiros.

Río arriba chégase a Cabanaquinta, capital do concello desde 1869, pasada a cal a paisaxe transfórmase paulatinamente nun val de alta montaña que culmina no porto de San Isidro (1.520 m), límite de Asturias con León. A beleza desta paisaxe e a atracción da leonesa estación de esquí no porto supuxeron un espectacular crecemento do sector turístico nos últimos anos, destacando a localidade de Felechosa, a 13 km do alto.

Entre as belezas naturais atópanse as Fouces do Piñeiro e as do Ayer, profundas gargantas escavadas por estes ríos na calcaria de montaña. Ademais, o concello ofrece unha gran variedade de rutas que seguen os camiños dos pastores tradicionais desde as vilas do fondo dos vales ata as fermosas brañas imposibles de adiviñar desde abaixo.

Tamén se pode acceder a cumes emblemáticos como o Torres (2.100 m), o Toneo, Pena Redonda, o Retriñón e Pena Mea.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Gráfica de evolución demográfica de Ayer entre 1842 e 2021
Fonte: INE.
Cantidade de poboaciónAno10.00011.00012.00013.00014.00015.00016.000200020052010201520202025AyerEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
  1. "Decreto 30/2008, de 8 de abril, por el que se determinan los topónimos oficiales del concejo de Aller" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2023. Consultado o 23 de setembro de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]