María Belén Toimil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Belén Toimil
Nacemento5 de maio de 1994
 Mugardos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónatleta
editar datos en Wikidata ]

María Belén Toimil, nada en Mugardos o 5 de maio de 1994, é unha atleta galega, especializada en lanzamento de peso e disco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Representou a España no Campionato do mundo de atletismo en 2017. O seu club é o Playas de Castellón. A súa mellor marca persoal neste evento foi de 17,38 metros en pista exterior (Pontevedra 2017) e 17,86 metros en cuberto (Barcelona 2021).[1]

En 2021 proclamouse campioa de España en pista cuberta cun lanzamento de 17,81, destronando despois de 11 anos a Úrsula Ruiz.[2]

Competicións internacionais[editar | editar a fonte]

Representando a España
2011 Campionatos Mundiais Xuvenís Lille, Francia 19 (q) Lanzamento de peso 12,87 m
22 (q) Lanzamento de disco 44,21 m
2012 Campionatos Mundiais Júnior Barcelona, España 12 Lanzamento de peso 14,29 m
21 (q) Lanzamento de disco 45,83 m
2013 Campionatos Europeos Júnior de Atletismo Rieti, Italia 4 Lanzamento de peso 15,82 m
5 Lanzamento de disco 50,15 m
2015 Campionatos Europeos de Atletismo U23 Tallin, Estonia 10 Lanzamento de peso 15,66 m
2016 Xogos Mediterráneos U23 Radès, Tunisia Lanzamento de peso 16,30 m
Campionatos Europeos de Atletismo Ámsterdam, Países Baixos 21 (q) Lanzamento de peso 16,00 m
2017 Campionatos Mundiais de Atletismo Londres, Reino Unido 26 (q) Lanzamento de peso 16,38 m

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Perfil de María Belén Toimil". worldathletics.org (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  2. "Belén Toimil se corona campeona de España bajo techo sin récord: "Me quedé con la espinita"" (en castelán). 20 de febreiro de 2021. Consultado o 20 de febreiro de 2021.