Manuel Cabada Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Cabada Castro.

Manuel Cabada Castro, nado en Sabucedo (A Estrada) o 21 de outubro de 1935, é un filósofo e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras estudar no Colexio dos xesuítas de Camposancos, Carrión de los Condes, Palencia e Salamanca, licenciouse en Filosofía pola Universidade Pontificia Comillas, en Filosofía e Letras pola Universidad Complutense de Madrid, en Teoloxía pola Universidade de Innsbruck e doutor en Filosofía polas universidades de Múnic (cunha tese sobre o filósofo e pedagogo Gustav Siewerth dirixida polo seu mestre o teólogo Karl Rahner), e Complutense de Madrid. Foi profesor de Metafísica-Teodicea na Universidade Pontificia Comillas desde o curso 1969-1970 e de Antropoloxía Filosófica (desde o curso 1978-1979) na Universidade Complutense de Madrid ata a súa xubilación en 2005. Colaborou en Encrucillada, Grial e na revista filosófica Pensamiento, da que foi secretario de redacción.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • El humanismo premarxista de Ludwig Feuerbach, 1975.
  • Feuerbach y Kant: dos actitudes antropológicas, 1980.
  • Querer o no querer vivir. El debate entre Schopenhauer, Feuerbach, Wagner y Nietzsche sobre el sentido de la existencia humana, 1994.
  • La vigencia del amor: afectividad, hominización y religiosidad, 1994.
  • Recuperar la infinitud. En torno al debate histórico-filosófico sobre la limitación o ilimitación de la realidad, 2008.
  • El animal infinito. Una visión antropológica y filosófica del comportamiento religioso, 2009.

Libros sobre o autor[editar | editar a fonte]

  • Ser querido y querer. Ensayos en homenaje a Manuel Cabada Castro, 2007, Salamanca, Editorial San Esteban.

Obra en alemán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Sein und Gott bei Gustav Siewerth, 1971.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]