Manuel Reimóndez Portela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de marzo de 1916 San Miguel de Castro, España |
Morte | 20 de xuño de 1994 (78 anos) San Miguel de Castro, España |
Alcalde da Estrada | |
1983 – 1987 ← Jesús Durán Martínez – Elvira Fernández Díaz → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político, médico, escritor |
Partido político | Coalición Popular |
Membro de | |
Premios | |
Manuel Reimóndez Portela, nado en San Miguel de Castro (A Estrada), o 26 de marzo de 1916 e finado na mesma parroquia o 20 de xuño de 1994, foi un médico, escritor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou de neno a Cuba, onde fixo os estudos primarios e comezou o bacharelato, e retornou en 1932. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, aínda que non chegou a rematala debido á Guerra Civil. Cando rematou a contenda, regresou á facultade e obtivo a licenciatura en 1960, especializouse no aparato dixestivo. Exerceu a profesión na súa aldea natal. Polo seu trato chamáronlle o Médico dos Pobres.
Na época da transición presidiu a Comisión que elaborou o Estatuto dos dezaseis, o anteproxecto do Estatuto de Autonomía de 1981. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura da Alianza Popular na Estrada e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno co PSdeG-PSOE. Estivo á fronte da alcaldía ata o fin do mandato en 1987, cando optou por non presentarse á reelección.
Foi presidente do Centro de Iniciativas e Turismo da Estrada e director do museo municipal, que leva o seu nome.
Predecesor: Jesús Durán Martínez |
Alcalde da Estrada 1983 - 1987 |
Sucesor: Elvira Fernández |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 1994 obtivo o premio San Martiño de nomalización lingüística do Concello da Estrada.
En 1996 a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada creou na súa honra o Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela, co obxectivo de contribuír ao fomento e difusión da lectura na Comunidade Autónoma Galega.
Déuselle o seu nome ao Museo do Pobo Estradense.
En 2004 o Concello da Estrada réndelle homenaxe adicándolle o seu Ano Cultural.
Obras
[editar | editar a fonte]- Guía turística de La Estrada, 1976.
- Marcas de canteiros de la desaparecida Torre de la Barreira, 1976.
- O Estatuto dos 16, 1978.
- Cruceiros e cruces do nordeste da provincia de Pontevedra, 1985.
- A Estrada rural, 1990.
- Un médico na aldea, 1992.
- A Estrada
- El camino a Santiago por el sudeste: Ourense, Santiago de Compostela, 1993. En colaboración con José Espiño Matos e Mariano Sinde Lema.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Reimóndez Portela |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Manuel Reimóndez Portela na lembranza. Sada: Do Castro. 1996.