Dragan Bender
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 17 de novembro de 1997 Čapljina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 216 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 102 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2012 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Croacia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Liga | NBA G League e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Ala-pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Número deportivo | 35 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Convocado por | Phoenix Suns | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2017 | Campionato europeo de baloncesto de 2017 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Dragan Bender, nado o 17 de novembro de 1997 en Čapljina, é un xogador profesional de baloncesto croata. Cunha estatura de 2,16 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]O 23 de xuño de 2016, Bender foi seleccionado na 4ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Phoenix Suns.[1] O 7 de xullo de 2016, Bender asinou cos Suns o seu contrato coma rookie.[2] Debutou na NBA cos Suns o 26 de outubro de 2016 contra os Sacramento Kings. En tan só 12 minutos de xogo, saíndo dende o banco, fixo 10 puntos na derrota dos Suns por 113-94.[3]
O 25 de xullo de 2019, Bender asinou un contrato de dous anos cos Milwaukee Bucks.[4] Bender foi asignado ós Wisconsin Herd da NBA G League para o comezo da tempada. O 10 de febreiro de 2020, Bender foi cortado polos Bucks.[5]
O 23 de febreiro de 2020, Bender asinou un contrato de dez días cos Golden State Warriors.[6] O 5 de marzo de 2020, asinou un novo contrato de dez días cos Warriors.[7]
O 23 de agosto de 2022, anunciouse a fichaxe de Bender por unha tempada polo Obradoiro CAB da Liga ACB.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Suns select Dragan Bender with No. 4 pick". SI.com. 23 de xuño de 2016. Consultado o 12 de xullo de 2016.
- ↑ Suns Sign Dragan Bender, Marquese Chriss and Tyler Ulis
- ↑ "Kings vs. Suns – Box Score". ESPN.com. 26 de outubro de 2016. Consultado o 27 de outubro de 2016.
- ↑ Bucks, forward Dragan Bender agree to deal
- ↑ "Milwaukee Bucks Request Waivers On Dragan Bender". NBA.com. 10 de febreiro de 2020. Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ "Warriors Sign Center Dragan Bender to 10-Day Contract". NBA.com. 23 de febreiro de 2020. Consultado o 23 de febreiro de 2020.
- ↑ "Warriors Sign Center Dragan Bender to Second 10-Day Contract". NBA.com. 5 de marzo de 2020. Consultado o 5 de marzo de 2020.
- ↑ "El Obradoiro ficha a Dragan Bender". as.com. 23 de agosto de 2022. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2023. Consultado o 13 de xuño de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Croacia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en BasketballReference.com Arquivado 06 de novembro de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1997
- Nados no cantón de Hercegovina-Neretva
- Xogadores de baloncesto de Croacia
- Ala-pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Eleccións no Draft da NBA dos Phoenix Suns
- Xogadores do KK Split
- Xogadores do Maccabi Tel Aviv BC
- Xogadores dos Phoenix Suns
- Xogadores dos Milwaukee Bucks
- Xogadores dos Golden State Warriors
- Xogadores do Obradoiro CAB
