Lobo mariño cincento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lobo mariño cincento
Foka szara mateusz wlodarczyk.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Superfamilia: Pinnipedia
Familia: Phocidae
Xénero: Halichoerus
Nilsson, 1820
Especie: H. grypus
Nome binomial
Halichoerus grypus
(Fabricius, 1791)
Grey Seal Halichoerus grypus distribution map.png

O lobo mariño cincento[1] ou foca cincenta[1] (Halichoerus grypus) é un mamífero pertencete á familia dos fócidos.

Características[editar | editar a fonte]

O fociño semella un cono alongado. Isto permite diferenciar esta especie da foca común. Orellas pequenas ou inexistentes. Pel ocre que combina con tons brancos e negros. A foca cincenta prefire as costas rochosas e pode pasar longas tempadas sen pisar a terra. Aliméntase de peixes, moluscos e crustáceos que caza ó mergullarse.

Distribución[editar | editar a fonte]

Presente por todo o Atlántico Norte incluído o mar Báltico e o extremo norte, chegando ó círculo polar ártico. Presente nas costas do Canadá. Debido á caza e á presión humana sobre o seu hábitat, os grandes rabaños son, dende principios do século XXI, escasos. Unicamente nas Illas Británicas ou nas Illas Orcadas pódense atopar grandes grupos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Lobo mariño cincento". CEMMA. Consultado o 13 de xullo de 2016. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.