Martha's Vineyard

Martha's Vineyard é unha illa situada na costa sur de Cape Cod, ambas formando parte da rexión de Outer Lands.
Nome[editar | editar a fonte]
Bartholomew Gosnold nomeou así a illa (que xa tiña nome indíxena) pola súa filla Martha.[1] A miúdo chámase só "the Vineyard" (a viña).
Xeografía[editar | editar a fonte]
Cunha superficie terrestre de 231,75 km² (87,48 millas cadradas ), Martha's Vineyard é a 57ª illa máis grande dos Estados Unidos. Atópase no Estado estadounidense de Massachusetts, no condado de Dukes, que tamén inclúe Cuttyhunk e as outras illas Elizabeth, así como a illa de Nomans Land e de Chappaquiddick.
Coordenadas:[editar | editar a fonte]
41°24′N 70°37′W
Sociolingüística[editar | editar a fonte]
A adopción do concepto comunidade de falantes como foco de análise lingüística xurdiu na década de 1960, debido ao traballo pioneiro de William Labov, cuxos estudos sobre a variación lingüística na cidade de Nova York e a pequena vila de Martha's Vineyard sentaron as bases da sociolingüística como ciencia social. Os seus estudos demostraron que non só a clase e a profesión estaban claramente relacionadas coa variación lingüística dentro dunha comunidade de falantes (por exemplo, Martha's Vineyard), senón que as aspiracións socioeconómicas e a mobilidade tamén eran de grande importancia[2].
Galería[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Bartholomew Gosnold, the Founding Grandfather of the 13 Colonies (and Namer of Cape Cod)". New England Historical Society (en inglés). 2015-06-24. Consultado o 2022-02-03.
- ↑ "William Labov – Martha’s Vineyard – All About Linguistics" (en inglés). Consultado o 2022-06-26.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Martha's Vineyard ![]() |