Conversa:Lobo mariño cincento

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na páxina dos mamíferos de Galicia aparece esta foca co nome lobo mariño cincento. Ás demais focas chámaselles nesa mesma páxina focas. Houbo varias propostas para os nomes de pinnípedes, que non coinciden e son bastante caóticas (ver o resumo que fixo Xoio en Fócidos#Nomes galegos). Os fócidos e os otáridos (pinnípedes con orellas), son dúas familias distintas, polo que é útil non chamarlles igual. O normal sería chamarlle focas aos fócidos (mesmo hai un xénero chamado Phoca). O nome científico da especie desta páxina significa porco mariño = Halichoerus. O normal penso que sería chamarlle foca gris ou foca cincenta. Lobo mariño é un nome que tradicionalmente se lles daba a otáridos, pero seguramente procede do castelán de América onde viven moitos deses animais. Aquí na Galipedia imos ter que facer páxinas de todos os pinnípedes do mundo, e non só dos que se deixan ver ás veces polas costas galegas e haberá que darlles nome a todos. As solucións que se usen teñen que ser coherentes e axeitadas para todos os pinnípedes do mundo. Finalmente, poño a definición de foca no DRAG: "Animal da familia dos fócidos, do que existen varias especies, de corpo fusiforme, cos membros anteriores e posteriores en forma de aletas, pescozo curto e pelo curto e forte, que carece de pavillón auditivo e vive en colonias na costa. No Mediterráneo hai focas en grave perigo de extinción. As focas son hábiles nadadoras." Tamén poño a definición de otárido: "Familia de mamíferos acuáticos da suborde dos pinnípedes á que pertencen os leóns mariños. A maior parte das especies pertencentes aos otáridos son propias dos mares fríos." Lobo mariño non vén no DRAG polo momento.--Miguelferig (conversa) 16 de abril de 2016 ás 23:53 (UTC)[responder]

  • O nome xenérico de lobo mariño para as focas vén nos dicionarios de Xerais, de Galaxia e PENAS PATIÑO, X. M. e PIÑEIRO SEAGE, A.: Cetáceos, focas e tartarugas mariñas das costas..., Consellería de Pesca, 1989. O nome concreto de lobo mariño cincento para o Halichoerus grypus vén en LÓPEZ FERNÁNDEZ, A., DACOSTA ALONSO, M. e ...: "Achegándonos aos mamíferos mariños", separata de Natureza Galega (Alfredo Fernández é o presidente da Cemma, a referencia que dá este artigo), pero Penas Patiño dá para esta especie o nome de Foca cincenta. Quero dicir que como nome común desta especie temos as dúas posibilidades, referenciadas: foca cincenta (segundo Patiño) e lobo mariño cincento (Cemma). Agora cómpre escoller a fonte máis "fiable". Pedro --Lameiro (conversa) 13 de xullo de 2016 ás 21:08 (UTC)[responder]


Ligazóns externas modificadas (maio 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Lobo mariño cincento. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 31 de maio de 2019 ás 09:24 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 4 ligazóns externas en Lobo mariño cincento. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de setembro de 2019 ás 04:50 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 5 ligazóns externas en Lobo mariño cincento. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de novembro de 2019 ás 05:31 (UTC)[responder]