Froila, Conde de Galiza
Froila, Conde de Galiza | |
---|---|
Falecemento | anos 860 |
Nacionalidade | Reino de Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Froila, conde de Galiza (en latín: Froilane Gallicie comite), tamén coñecido como Froila Vermúdez[1] ou Froila Xemúndiz,[2] nado contra 845 e finado probabelmente en 866, foi un nobre galego que se proclamou rei de Galiza nese 866, destronando efemeramente a Afonso III.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aparece como conde de Lugo a comezos da década de 860.[2] É posíbel que estivese casado cunha filla de Ordoño I, feito que lle podería outorgar certa lexitimidade para acceder ao trono, tal como anteriormente acontecera con Silo e Nepociano.[3] Deste xeito, no ano 866, após a morte do devandito Ordoño I e a suba ao trono do seu fillo Afonso III, rebelouse contra o novo rei, proclamándose así rei de Galiza; atacou Oviedo e obrigou o rei a retirarse a Áraba. Non se teñen moitas noticias do seu reinado, que, en calquera caso, foi moi breve, na segunda metade do ano, e aínda que algúns historiadores o denominan Froila II, en xeral é excluído das cronoloxías do reino de Oviedo.[4] Coñécese, así e todo, que se fixo con Carcacía (Padrón), a cal foi devolta polo propio Afonso III á diocese de Iria en xaneiro do ano seguinte, cando Froila xa finara. Rei a tódolos efectos, só o seu asasinato por parte de partidarios de Afonso permitiu ao deposto rei recuperar o trono.[2]
Algúns autores dicían que procedía da liñaxe do rei Vermudo, aínda que este dato non é considerado probábel.[5] De feito, semella que o seu apelido era na realidade Xemúndiz no canto de Vermúdez, produto este último dunha lectura errada.[2]
Predecesor: Afonso III |
Rei de Galiza 866 |
Sucesor: Afonso III |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2003). Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910). Trivium. Toxosoutos. p. 113. ISBN 84-95622-78-5.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Baliñas Pérez, Carlos (2009). "Rebeldes con causa: un análisis interpretativo de la conflictiva relación entre la nobleza gallega y los reyes de Asturias, ca. 750-910". Estudios en homenaje al profesor José M. Pérez García (en castelán). 1. Historia y Cultura. Universidade de Vigo. pp. 37–66, en 49–50. ISBN 978-84-8158-460-8.
Froila Lemundi
- ↑ Carriedo Tejedo, Manuel (2014). "La familia gallega del rey Alfonso Froilaz (926-931)" (PDF). Rudesindus (en castelán) (Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo) (9): 107–152, en 129. ISSN 2255-5811.
- ↑ "Fruela, conde de Galicia". Enciclopedia de Oviedo (en castelán).
- ↑ Historia general de España. Juan de Mariana, José Sabau y Blanco páx. 119
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Baliñas Pérez, Carlos (2017). "Allá van leyes do quieren reyes. El singular caso de Froila, conde de Lugo y rey de Asturias (año 866), y su contexto histórico". El tapiz humanista II: Actas del IV curso de primavera IV centenario segunda parte del Quijote. Lugo 21-23 de abril de 2015 (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. pp. 19–41. ISBN 978-84-16954-52-0.
- López Teixeira, Xosé Antonio (1995). "Revoltas, motíns e tumultos arredistas na Galicia medieval (De Froila Bermúdez a Alfonso I de Portugal)". A Trabe de Ouro (Santiago de Compostela: Sotelo Blanco) (22): 295–316. ISSN 1130-2674.