Nepociano de Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNepociano de Asturias
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
MorteDespois de 843 Editar o valor em Wikidata
Conde palatino (pt) Traducir Afonso II de Oviedo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Galicia
Actividade
Ocupaciónrei Editar o valor em Wikidata

WikiTree: De_Asturia-2

Nepociano foi rei de Galicia entre os últimos meses do ano 842 e comezos de 843, ao suceder efemeramente a Afonso II, pois foi destronado por Ramiro I.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un comes palatii (conde de palacio) na corte do rei Afonso II en Oviedo. É citado nas crónicas como cognatus regis (cuñado do rei) ou en calquera caso, parente do rei, probablemente por vía materna xa que Afonso II tiña ascendencia materna vasca, e foron precisamente vascos e ástures os principais valedores da causa de Nepociano.[1]

Á morte do rei Afonso II, e aproveitando a ausencia de Ramiro I, que segundo as crónicas afonsinas fora nomeado sucesor por Afonso II,[2] ocupou o trono. Reuniu as súas tropas compostas por asturianos e vascóns[3] e tratou de opoñer ao exército galego encabezado por Ramiro I. O encontro tivo lugar na localidade de Cornellana, xunto ao río Narcea, pero o exército de Nepociano finalmente foi derrotado.[3]

Segundo as crónicas posteriores, Nepociano foi capturado, cegado e encerrado nun convento de localización descoñecida.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. José Antonio Escudero (ed.), Javier Alvarado Planas, José Mª de Francisco Olmos (2008) El Rey. Historia de la Monarquía. Vol 1. Ed. Planeta. ISBN 978-84-08-07696-4. pp. 24.
  2. Sánchez Albornoz, Claudio. Orígenes de la Nación Española. El Reino de Asturias. Capítulo VI: Tras cuarenta años de paz interior.
  3. 3,0 3,1 Martínez Diez, Gonzalo. El Condado de Castilla (711-1065). La Historia frente a la leyenda. Valladolid, Junta de Castilla y León, 2004. ISBN 84-9718-275-8 volume 1, páxina 219
  4. Rodríguez Muñoz, Javier (5 de febreiro de 2014). "La memoria borrada de Nepociano". La Nueva España (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Reino de Galicia

Segue a:
Afonso II
Nepociano de Asturias
Precede a:
Ramiro I