Alfabeto pahlavi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfabeto pahlavi

Pahlavi ou Pehlevi[1] tamén escrito Pehlvi ou Pelvi, termos derivados de pahlawīg (parto), é o tipo de alfabeto persa que se utilizou desde o século -II até o auxe do islam no século VII.

Características[editar | editar a fonte]

O pahlavi estaba baseado no alfabeto arameo, e tiña tres formas principais. Escribíase de dereita a esquerda e, aínda que se empregaron entre 19 e 20 letras, no Avesta ou libros relixiosos do zoroastrismo aparecen cincuenta formas de letras únicas. Nalgúns casos, os escritores pahlavi conservaron a forma aramea orixinal ao escribir palabras co mesmo significado pero con sons diferentes. Por exemplo, escribiron o arameo mlk (malka "rei") para representar o persa xa ou sha ("rei"). Debido a estas formas de escritura parecidas a ideogramas, fíxose moi difícil para os estranxeiros comprender os textos pahlavi.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pahlavi alphabet ; History, Description, & Facts". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2022-08-11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.