Lingua occidental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Interlingue
'Interlingue'
Outros nomes:Occidental (entre 1922-1947)
Creado por:
Emprego e uso:
Total de falantes: sen datos
Posición: Non se atopa entre os 100 primeiros.
Categoria (propósito): Lingua artificial
 Lingua artificial
  -
   -
    Interlingue
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Non é oficial en ningún país.
Regulado por: Interlingue-Union (IU) [1]
Códigos de lingua
ISO 639-1: ie
ISO 639-2: ie
SIL: -

Interlingue ou occidental (chamado así entre 1922-1947) é unha lingua artificial creada por Edgar von Wahl, un dos primeiros esperantistas.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Von Wahl naceu en Olviopol, hoxe Estonia e entón provincia do Imperio ruso, no seo dunha familia de lingua alemá. Tiña, como se pode ver, bos motivos para ser un dos pioneiros do esperanto, e os seus consellos foron seguidos por Ludwik Zamenhof. Sen formación académica específica, tiña instinto lingüístico.

Oficial da mariña de guerra, optou polo bando tsarista na Revolución de 1917. Tralo triunfo dos soviets, exiliouse en Francia, cambiando o seu apelido por De Wahl.

Descontento co esperanto, decidiu crear o seu propio proxecto, ao que chamaría occidental. Publica en 1922 o seu proxecto de lingua. Formula a regra de Wahl. Conseguiu reunir un pequeno grupo de seguidores, que seguiría editando a revista Cosmoglotta ata os anos 1950.

En 1947 decidiron cambiar o nome polo de interlingue (Non interlingua, nome usado por Peano para o seu "Latino sine flexione", e tamén por Alexander Gode en proxecto de IALA de 1953). Con todo, a asociación non volveu dar sinais de vida ata a década dos anos 1990, a través de Internet.

Literatura[editar | editar a fonte]

A maioría dos textos literarios en occidental, tanto orixinais como traducidos, foron publicados en Cosmoglotta. Outros textos foron publicados na revista Helvetia, e outros, en menor cantidade, como libros.

A literatura en occidental pódese dividir en varios períodos:

  • Primeiro período entre 1921 e 1927
  • Período de Viena entre 1927 e 1949
  • Período de estancamento entre 1950 e 1999
  • Reavivamento na internet a partir de 1999

A última obra literaria publicada en occidental foi Li sercha in li castelle Dewahl e altri racontas, escrita por Vicente Costalago[1] e publicada o 27 de marzo de 2021.

Outros textos non literarios[editar | editar a fonte]

Aínda que as principais obras escritas en occidental foron obras literarias, existen outras publicacións neste idioma que non se poderían cualificar como tales. É o caso de obras como:

  • Le Axiome de Paralleles de Euclides a Hilbert, de Carl-Erik Sjöstedt. Publicado en 1986, trátase dunha enciclopedia de matemáticas.
  • Algúns libros de texto publicados na internet por Vicente Costalago, como é o caso de Historie[2], Cultura classic[3], Geographie[4] e Mathematica[5], todos eles publicados en 2020.

Facilidade de aprendizaxe[editar | editar a fonte]

Como lingua auxiliar internacional que é, a facilidade de aprendizaxe e o ter un vocabulario reconocible foi un principio clave na creación do Occidental. A revista Cosmoglotta a miúdo presentaba cartas de novos e antigos usuarios doutros idiomas internacionais (principalmente esperanto e ido) que daban fe da sinxeleza do idioma[6]​: cartas de novos usuarios para demostrar o seu rápido dominio do idioma[7][8][9]​, e certificacións de usuarios experimentados de idiomas auxiliares para compartir as súas experiencias. Debido a que moitos usuarios do idioma atopárano despois de aprender o esperanto por primeira vez, é difícil atopar datos sobre a capacidade de aprendizaxe do idioma para quen non teñen experiencia noutros idiomas auxiliares internacionais. Con todo, un experimento para determinar o tempo de aprendizaxe levou a cabo nos anos 1956 a 1957 nunha escola secundaria católica suíza ( gymnasium) en Disentis sobre o tempo necesario para aprendelo. O experimento mostrou que os estudantes que participaron no estudo, que tiñan experiencia previa con francés, latín e grego, dominaron o interlingue tanto escrito como falado despois de 30 horas de estudo.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Li sercha in li castelle Dewahl e altri racontas
  2. Historie
  3. Cultura Classic
  4. Geographie
  5. Mathematica
  6. "Cosmoglotta A, 1937, p. 23". 
  7. "Cosmoglotta B, 1938, p. 80". 
  8. "Cosmoglotta B, 1936, p.38". 
  9. "Cosmoglotta A, 1927, p.107". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Haas, Fritz. 1956. Grammatica de Interlingue in Interlingue. Interlingue-Servicie Winterthur (Svissia). [2] (en interlingua)
  • Jacob, Henry. 1947 Occidental (1922) by Edgar de Wahl en 0' A Planned Auxiliary Language Publicate: London, Dobson, London. 1947 [3] (en inglés)
  • Rodriguez, José María. 1999. Breve gramática de Interlinguie/Occidental en Gazeto Andaluzia (órgano oficial da Asociación Andaluza de Esperanto) N° 57 marzo 1999. [4] (en esperanto)
  • Stenström, Ingvar. 1997. Occidental-Interlingue: Factos e fato dun lingua international. Societate Svedese prol Interlingua. ISBN 91-971940-2-6. (en interlingua)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]