Ludwik Lejzer Zamenhof

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ludwik Lejzer Zamenhof
Nome completoЛейзеръ Заменговъ
AlcumeDoktoro Esperanto, Gamzefon, Unuel, Anna R., Homo sum, Amiko e Hemza
Nacemento15 de decembro de 1859
Lugar de nacementoBiałystok
Falecemento14 de abril de 1917
Lugar de falecementoVarsovia
Soterradocemitério judeu de Varsóvia e grave of L. L. Zamenhof
NacionalidadeImperio Ruso
EtniaPobo xudeu
Relixiónhomaranismo e xudaísmo
Alma máterMedical faculty of Moscow University e Imperial University of Warsaw
Ocupaciónlingüista, oftalmólogo, inventor, poeta, tradutor, esperantista, médico, médico escritor, tradutor da Biblia e esperantólogo
PaiMarkus Zamenhof
NaiRozalia Zamenhof
CónxuxeKlara Zamenhof
FillosLidia Zamenhof, Adam Zamenhof e Zofia Zamenhof
IrmánsIda Zamenhof, Fejgla Zamenhof, Mina Zamenhof, Aleksander Zamenhof, Henryk Zamenhof, Leon Zamenhof, Felix Zamenhof, Hersz Zamenhof, Aŭgusta Hermelin e Sora Dwora Zamenhof
Coñecido porUnua Libro, Dua Libro, Fundamento de Esperanto, Ho, mia kor', esperanto e homaranismo
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra, Presidente Honorário da Associação Universal de Esperanto e Comendador da Ordem de Isabel a Católica
Na rede
Musicbrainz: ef2199e2-4780-40ce-975e-86516a4441c4 Discogs: 4065042 IMSLP: Category:Zamenhof,_Ludwik WikiTree: Zamenhof-1 Find a Grave: 17377928 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ludwik Lejzer Zamenhof (polaco: Ludwik Łazarz Zamenhof, esperanto: Ludoviko Lazaro Zamenhof), nado en Białystok o 15 de decembro de 1859 e finado en Varsovia o 14 de abril do 1917, foi un oftalmólogo polaco, creador da lingua internacional esperanto.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Zamenhof nunha moeda esperantista de 25 steloj (1965)

Zamenhof naceu e criouse na cidade de Białystok, que naquela época formaba parte do Imperio Ruso mais na actualidade pertence a Polonia. Zamenhof formaba parte da comunidade xudía, que a finais do século XIX constituía o 66 % da poboación da cidade, xunto cun 18 % de polacos, un 8 % de rusos non xudeus, un 6 de alemáns e un 2 % de bielorrusos. Nela falábanse moitas linguas, polo que había dificultades para a comprensión entre as diversas culturas. Isto motivouno para buscar unha solución ao problema, e co paso dos anos foi desenvolvendo o esperanto nun proceso longo e laborioso.

Os seus tres fillos foron asasinados polos nazis durante o Holocausto.

Desenvolvemento do esperanto[editar | editar a fonte]

O seu empeño por acadar unha lingua franca mundial continuou malia que no ano 1879 aparecera o volapük, resultado do traballo doutra persoa, Johann Martin Scleyer, nun proxecto de crear unha linguaxe internacional. Zamenhof aprendeu o volapük, mais os defectos desta lingua motivárono mesmo máis para proseguir cos seus planos.

Finalmente, no ano 1887 e coa axuda económica de seu cuñado, logrou publicar un libriño no que expuña os principios da "lingua internacional", co pseudónimo de Doktoro Esperanto ('Doutor Esperanzado'), palabra que acabou por converterse no nome da súa creación.

Poliglotismo[editar | editar a fonte]

Maila que a súa formación profesional estaba afastada do campo da lingüística, dado que se formou e traballou coma médico oftalmólogo, contaba cun talento natural para a aprendizaxe de linguas; os seus idiomas natais eran o ruso, o polaco e o yiddish, aínda que tamén falaba con fluidez o alemán. Posteriormente aprendeu latín, hebreo, francés, grego e inglés, así coma nocións básicas de castelán e italiano. Maila todo, sempre considerou o ruso coma a súa lingua materna.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]