Lingua occidental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Interlingue")
Interlingue
'Interlingue'
Outros nomes: Occidental (entre 1922-1947)
Falado en: Mundialmente
Rexións: -
Total de falantes: sen datos
Posición: Non se atopa entre os 100 primeiros.
Familia:
 Lingua artificial
  -
   -
    Interlingue
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Non é oficial en ningún país.
Regulado por: Interlingue-Union (IU) [1]
Códigos de lingua
ISO 639-1: ie
ISO 639-2: ie
SIL: -

Interlingue ou occidental (chamado así entre 1922-1947) é unha lingua artificial creada por Edgar von Wahl, un dos primeiros esperantistas. Von Wahl naceu en Olviopol, hoxe Estonia e entón provincia do Imperio ruso, no seo dunha familia de lingua alemá. Tiña, como se pode ver, bos motivos para ser un dos pioneiros do esperanto, e os seus consellos foron seguidos por Ludwik Zamenhof. Sen formación académica específica, tiña instinto lingüístico.

Oficial da mariña de guerra, optou polo bando tsarista na Revolución de 1917. Tralo triunfo dos soviets, exiliouse en Francia, cambiando o seu apelido por De Wahl.

Descontento co esperanto, decidiu crear o seu propio proxecto, ao que chamaría occidental. Publica en 1922 o seu proxecto de lingua. Formula a regra de Wahl. Conseguiu reunir un pequeno grupo de seguidores, que seguiría editando a revista Cosmoglotta ata os anos 1950.

En 1947 decidiron cambiar o nome polo de interlingue (Non interlingua, nome usado por Peano para o seu "Latino sine flexione", e tamén por Alexander Gode en proxecto de IALA de 1953). Con todo, a asociación non volveu dar sinais de vida ata a década dos anos 1990, a través de Internet.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Haas, Fritz. 1956. Grammatica de Interlingue in Interlingue. Interlingue-Servicie Winterthur (Svissia). [2] (en interlingua)
  • Jacob, Henry. 1947 Occidental (1922) by Edgar de Wahl en 0' A Planned Auxiliary Language Publicate: London, Dobson, London. 1947 [3] (en inglés)
  • Rodriguez, José María. 1999. Breve gramática de Interlinguie/Occidental en Gazeto Andaluzia (órgano oficial da Asociación Andaluza de Esperanto) N° 57 marzo 1999. [4] (en esperanto)
  • Stenström, Ingvar. 1997. Occidental-Interlingue: Factos e fato dun lingua international. Societate Svedese prol Interlingua. ISBN 91-971940-2-6. (en interlingua)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua occidental.
Galilibros
O Galilibros ten un manual sobre: Lingua occidental