Louis Couturat
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Louis Couturat | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 17 de xaneiro de 1868 |
Lugar de nacemento | Ris-Orangis |
Falecemento | 3 de agosto de 1914 |
Lugar de falecemento | Melun |
Causa | accidente de tráfico |
Soterrado | cemiterio de Laroche-Saint-Cydroine |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | École Normale Supérieure e Universidade de París |
Ocupación | filósofo, matemático, lingüista, historiador da matemática, profesor universitario, idista e esperantista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Louis Couturat, nado en Ris-Orangis o 17 de xaneiro de 1868 e finado en Melun o 3 de agosto de 1914, foi un filósofo, lóxico, lingüista e matemático francés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Filosofía e Matemáticas na École Normale Supérieure e máis tarde foi profesor na Universidade de Tolosa e no Colexio de Francia.
Foi en Francia un dos precursores da lóxica simbólica, que comezara a estenderse neste país pouco antes da primeira guerra mundial grazas ás obras de Charles Peirce, Giuseppe Peano e especialmente os Principia Mathematica de Alfred North Whitehead e Bertrand Russell, este último amigo persoal de Couturat. Concibiu a lóxica simbólica como un instrumento para o perfeccionamento das matemáticas e da filosofía, integrando así a corrente chamada loxismo; a este respecto, opúxose a Henri Poincaré, que á súa vez anticipou o intuicionismo de Brouwer. Couturat tamén contribuíu ao desenvolvemento da lingua artificial ido, unha variante do esperanto.
Morreu nun accidente de tráfico.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Louis Couturat ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- 1896 De Platonicis mythis Thesim Facultati Litterarum Parisiensi proponebat Ludovicus Couturat, Scholae Normalae olim alumnus. Parisiis: Edebat Felix Alcan Bibliopola. MDCCCXCVI. 120 p.
- 1896. De l'Infini mathématique. Republished 1975, Georg Olms.
- 1901. La Logique de Leibniz. Republished 1961, Georg Olms. Donald Rutherford's English translation in progress.
- 1903. Opuscules et Fragments Inédits de Leibniz. Republished 1966, Georg Olms.
- 1903. Histoire de la langue universelle. Paris: Hachette. With Léopold Leau. Republished 2001, Olms.
- 1905. Les Principes des Mathematiques: avec un appendice sur la philosophie des mathématiques de Kant. Rupublished 1965, Georg Olms.
- 1905. L'Algèbre de la logique. Jourdain, P.E.B., trans., 1914. The Algebra of Logic. Open Court. Project Gutenberg.
- 1907. Les nouvelles langues internationales. Paris: Hachette. With Léopold Leau. Republished 2001, Olms.
- 1910. Étude sur la dérivation dans la langue internationales. Paris: Delagrave. 100 p.
- 1910. Louis Couturat, O. Jespersen, R. Lorenz, Wilhelm Ostwald and L.Pfaundler, International Language and Science: Considerations on the Introduction of an International Language into Science", Constable and Company Limited, London.
- 1915. Dictionnari Français-Ido. Paris: Chaix. Avec Louis de Beaufront. 586 p.
- 1983. L'oeuvre de Louis Couturat. Presses de l'Ecole Normale Supérieure. Proceedings of a conference.
- Ivor Grattan-Guinness, 2000. The Search for Mathematical Roots 1870-1940. Princeton Uni. Press. Bibliography contains 27 items by Couturat.