Álbum musical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Álbum")
Os primeiros álbums musicais tiñan forma de libro, asemellándose a álbums fotográficos.

Un álbum musical é unha colección de pistas de son relacionadas, editadas xuntas comercialmente nun formato de son para o público.

O termo álbum orixinouse polo feito de que os discos para gramófonos de 78 r.p.m. gardábanse xuntos nun libro parecido a un álbum fotográfico. Máis tarde, álbum viu a referirse a un único LP de 33 r.p.m. de cancións ou música, xa que un disco contiña tantas cancións como un álbum de discos dos anteriores. O formato estándar da industria discográfica para música popular era un álbum de aproximadamente 12 cancións, orixinalmente o número referido ao pago de dereitos de autor.

Agora que o disco de vinilo está obsoleto, o termo álbum aplícase a calquera colección de gravacións de son, incluíndo o CD, MiniDisc, e casete. Incluso a un conxunto de cancións postas á venda ao mesmo tempo para a súa distribución on-line nun sitio de descarga de música, se lle menciona ás veces como un álbum.

Debido á gran capacidade dos novos dispositivos, a cuestión de cuán longo debe ser un álbum está aberta a debate. Aínda que a media mantense en torno ás 11 ou 12 pistas, este valor oscila entre 7 ou 25 nalgúns casos. Para os discos de menos de 4 pistas ou 20 minutos de duración, adóitanse utilizar os termos sinxelo e EP en lugar de álbum, e estes, ademais, adícanse especialmente a unha soa canción, ou a esta mesma con varios remixes ou diferentes versións. As pistas dos álbums musicais acostuman a durar entre 2 e 5 minutos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]