Saltar ao contido

Laura Gardin Fraser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para a actriz escocesa, véxase Laura Fraser
Modelo:BiografíaLaura Gardin Fraser

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de setembro de 1889 Editar o valor en Wikidata
Chicago Editar o valor en Wikidata
Morte13 de agosto de 1966 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Norwalk Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWillowbrook Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesGardin-Fraser, Laura Editar o valor en Wikidata
Educaciónescola Horace Mann
Liga de Estudantes de Arte de Nova York Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultora, artista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
1932art competitions at the 1932 Summer Olympics (en) Traducir
1928art competitions at the 1928 Summer Olympics (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJames Earle Fraser (1913–) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteAmerican Women Sculptors: a history of women working in three dimensions (en) Traducir
American Women Artists, Past and Present: A Selected Bibliographic Guide (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Gardin-48 Find a Grave: 42905366 Editar o valor en Wikidata

Laura Gardin Fraser, nada en Chicago o 14 de setembro de 1889 e finada en Norwalk, Connecticut, o 13 de agosto de 1966, foi unha escultora, medallista e deseñadora de moedas estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Laura Gardin naceu en setembro de 1889,[1] filla do executivo bancario John Emil e de Alice Tilton Gardin,[2] unha coñecida artista, en Morton Park, un suburbio de Chicago e recibiu a súa educación primaria nas escolas locais. Logo do traslado do seu pai a Nova York en 1904, Laura asitiu á escola na vila de Rye e logo aos institutos Wadleigh e Horace Mann School, na cidade de Nova York; nesta última graduouse en educación secundaria en 1907. Desde a súa infancia amosou aptitudes para modelar figuras e traballar coa arxila, talento que desenvolveu baixo a tutela da súa nai.[3]

Logo do ensino secundario, Fraser estudou durante un curto período na Universidade Columbia e logo ingresou na Art Students League de Nova York (1910-1912).[1][2] Durante os seus anos nesta institución académica coñeceu e tivo como profesor o escultor James Earle Fraser, con quen casou o 27 de novembro de 1913.[4][5][6] A parella adquiriu unha casa en Westport, Connecticut, na que construíu un estudio que foi o centro da súa vida profesional durante toda a súa vida.[2][3]

Durante a primeira guerra mundial Laura Gardin Fraser foi capitá do Corpo Motorizado do Servizo de Ambulancias.[5]

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

Soa ou facendo equipo co seu esposo, encargouse do deseño de varias moedas estadounidenses conmemorativas, entre elas o medio dólar do Centenario de Alabama (1921),[7] as moedas conmemorativas de Ulysses S. Grant (1922),[8] o medio dólar do Centenario de Fort Vancouver (1925),[9] e o reverso do medio dólar conmemorativo do Oregon Trail (1926).[3][5][10]

En 1931 gañou tamén o concurso para deseñar unha moeda circulante, o novo cuarto de dólar Washington, mais o seu deseño gañador non foi finalmente seleccionado polo daquela secretario do Tesouro, Andrew Mellon, que preferiu no canto del un deseño de John F. Flanagan.[11] No entanto, o deseño do anverso de Fraser co busto de Washington foi aproveitado décadas despois para unha moeda conmemorativa de ouro de cinco dólares en 1999,[12] tamén a partir de 2022 para a serie circulante de cuartos de dólar Mulleres Americanas.[13][14][15]

Entre as súas medallas máis salientables están as medallas Lindbergh,[16] Benjamin Franklin e George C. Marshall do Congreso; a do bicentenario de Washington e a do centenario da American Numismatic Society en 1958.[3][5][6]

A dobre estatua dedicada a Stonewall Jackson e Robert E Lee, na súa localización orixinal en Charles Village, Baltimore.

Malia ser recoñecida principalmente polas súas contribucións á numismática e á medallística, Laura G. Fraser recibiu tamén encargas importantes de escultura de tamaño heroico. A máis salientable neste capítulo foi a acadada logo da súa vitoria no concurso para unha estatua ecuestre dobre dedicada aos xenerais Robert E. Lee e Stonewall Jackson.[2] O concurso tivo lugar en 1936 e nel foron invitados a participar seis eminentes escultores, dos que só ela era unha muller —os outros cinco foron Lee Lawrie, Paul Manship, Edward McCartan, Hans Schuler e Frederick William—.[3][17][18] Fraser rematou a dobre escultura en 1948 e foi instalada no Wyman Park, en Charles Village, Baltimore.[6]

En xaneiro de 2016, un grupo de traballo encargado do estudo dos monumentos confederados en Baltimore recomendou que se retirase o monumento a Jackson e Lee, e os comisionados ditaminaron que a esta escultura de Fraser se lle debería ofrecer ao Servizo de Parques dos EEUU para a súa instalación en Chancellorsville, en Virxinia, o lugar onde os dous xenerais confederados se viron por derradeira vez pouco antes da batalla de Chancellorsville en 1863.[19] A escultura foi retirada no abrente do 16 de agosto de 2017 pola cidade de Baltimore, como reacción aos disturbios ocorridos en Charlottesville uns días antes, e a súa localización futura quedou pendente de decidir.[20] A escultura permaneceu almacenada e xerouse un debate sobre a conveniencia da destrución dos monumentos dedicados aos confederados.[21][22]

A Fraser débeselle tamén tres paneis de bronce para a Biblioteca da Academia Militar dos Estados Unidos en West Point,[6][23] e outras obras relevantes, como un Pegaso en granito branco para os xardíns Brookgreen de Carolina do Sur.[2][3]

A súa obra tamén formou parte dos concursos de arte dos Xogos Olímpicos de Verán de 1928 e de 1932.[24]

En 1924 foi elixida membro asociado da Academia Nacional de Deseño, da que pasou a ser académica de pleno dereito en 1931. Tamén foi membro da Sociedade Nacional de Escultura e do Instituto Nacional das Artes e das Letras.[6][23]

Laura Gardin Fraser finou por mor dunha apoplexía no hospital de Norwalk, Connecticut, o 13 de agosto de 1966, á idade de 76 anos,[2][5][23] e foi soterrada xunto ao su marido, James Earle Fraser —finado en 1953—,[25] no cemiterio Willowbrook de Westport, Connecticut.[26]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Galería de obras

[editar | editar a fonte]

Esculturas

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 Gilbert, D. B. (1959).
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 "Laura Gardin Fraser". Medallicartcollector.com
  3. 1 2 3 4 5 6 "Laura Gardin Fraser (1889-1966)". The Meadowlark Gallery.
  4. 1 2 3 F. P. M. (1920).
  5. 1 2 3 4 5 6 Smith, P. (2012).
  6. 1 2 3 4 5 Rubenstein, C. S. (1982).
  7. ↑ "½ Dollar Alabama Centennial". Numista.com
  8. ↑ "½ Dollar Ulysses S. Grant" e "1 Dollar Grant Memorial". Numista.com
  9. ↑ "½ Dollar Fort Vancouver Centennial". Numista.com
  10. ↑ "½ Dollar Oregon Trail Memorial". Numista.com
  11. ↑ Bowers, Q. D. (2006). A Guide Book of Washington and State Quarters. Whitman, Atlanta. ISBN 978-0-7948-2059-6. Páxinas 32-36.
  12. ↑ "5 Dollars George Washington Death Bicentennial". Numista.com
  13. ↑ "American Women Quarter Program". Numista.com
  14. ↑ Gilkes, P. (2021). "Fraser portrait to finally debut on quarter in 2022". En Coin World. 23 de abril.
  15. ↑ Westeyn, J. (2021). "The Woman Behind the Long-Awaited Obverse Quarter Design". United States Mint.
  16. ↑ "Charles Lindbergh's Congressional Gold Medal Arquivado 13 de abril de 2023 en Wayback Machine.". American Numismatic Siociety.
  17. ↑ Kelly, C. (2011). Outdoor Sculpture in Baltimore: A Historical Guide to Puvlic Art in the Monumental City. Johns Hopkins University Press, Baltimore. Páxina 198. ISBN 978-0801897221
  18. ↑ Rubenstein, C. S. (1990). American Women Sculptors: A History of Women Working in Three Dimensions. G. K. Hall and Co., Boston. Páxina 192. ISBN 978-0816187324
  19. ↑ "Commission Recommends Removal Of 2 Confederate Monuments In Baltimore". En CBS News. 14 de setembro de 2016.
  20. ↑ "Baltimore Removes Confederate Statues One Day After Voting On Issue". En NPR.com. 16 de agosto de 2017.
  21. ↑ "Debate Over Confederate Statues Continues in Baltimore". En Baltimoremagazine.com. 14 de agosto de 2017.
  22. ↑ "Confederate Monuments in Baltimore “Quickly and Quietly” Removed". En Baltimoremagazine.com. 16 de agosto de 2017.
  23. 1 2 3 "Obituaries: Laura Gardin Fraser". En The Numismatist. Vol. 79. Nº 10. Outrubro de 1966. Páxina 1.332.
  24. ↑ "Laura Gardin Fraser. Biography". Olympedia.org
  25. ↑ "James Earle Fraser". Findagrave.com
  26. ↑ "Laura Gardin Fraser". Findagrave.com
  27. ↑ "The Saltus Medal Award Arquivado 17 de xaneiro de 2023 en Wayback Machine.". American Numismatic Society.
  28. ↑ "Pegasus, (sculpture)". Art Inventories Catalog. Smithsonian American Art Museum.
  29. ↑ "Edward I, Relief Portrait". Architect of the Capitol (Aoc.gov).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]