Cuartos de dólar Mulleres Americanas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cuartos de dólar Mulleres Americanas [1]
Anverso común

Retrato de perfil George Washington cara á dereita. Marcas de gravador (LGF) e de ceca.

Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUST

Os cuartos de dólar Mulleres Americanas (en inglés American Women quarters) son unha serie de moedas con valor facial dun cuarto de dólar ou 25 centavos, emitidas pola Casa da Moeda dos Estados Unidos a partir de 2022.

Este programa da US Mint está dedicado a mulleres senlleiras na historia dos Estados Unidos, en conmemoración do centenario da décimo novena emenda da Constitución dese país.[2]

O programa prevé a emisión de cinco moedas anualmente entre 2022 e 2025, cun total de 20 deseños, cada un dos cales estará dedicado a unha muller, á que se lle dedicará o reverso, en homenaxe ás súas contribucións aos Estados Unidos, en aspectos como o sufraxio, os dereitos civís, a abolición da escravitude, as humanidades, a ciencia ou as artes.[3] Pola súa banda, o reverso continúa representando un busto de George Washington, mais nesta ocasión cun novo deseño, creado por Laura Gardin Fraser.[4][5]

A serie de cuartos de dólar Mulleres Americanas foi autorizada pola Lei de Redeseño de Moedas Circulantes de Colección de 2020,[3] promovida polos membros da Cámara de Representantes Barbara Lee e Anthony Gonzalez.[6][7] A proposta inicial consistiu en 56 moedas, cada unha delas dedicada a unha muller dun estado e doutros territorios,[8] mais esta idea modificouse para acurtala no tempo, ante a pretensión de lanzar en 2026 unha serie de moedas en conmemoración do 250 aniversario dos Estados Unidos. Ademais, unha das cinco moedas desta nova serie terá tamén como protagonista a figura dunha muller.[2]

O programa de cuartos de dólar Mulleres Americanas sucede a anterior serie de cuartos de dólar America the Beautiful,[9] e será substituído no período 2027-2030 por outro dedicado aos deportes xuvenís.[3][7]

Deseños[editar | editar a fonte]

Anverso[editar | editar a fonte]

O retrato de George Washington creado por Laura Gardin Fraser, que fora presentado orixinariamente en 1931 como proposta para o anverso do cuarto de dólar Washington, foi o seleccionado pola Comisión de Belas Artes e polo Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda dos Estados Unidos para aparecer nos anversos do programa de cuartos de dólar Mulleres Americanas.[5][10] Este retrato xa fora utilizado en 1999 para a moeda de ouro de 5 dólares conmemorativa do 200º aniversario da morte de George Washington.[11][12]

Reversos[editar | editar a fonte]

O secretario do Tesouro dos Estados Unidos é o encargado da selección das mulleres estadounidenses homenaxeadas anualmente neste programa, en consulta con diferentes entidades, como son a Iniciativa de Historia das Mulleres Americanas —do Instituto Smithsoniano—, o Museo Nacional de Historia das Mulleres e o Grupo do Congreso para Asuntos da Muller.[5][13]

Ano Deseño do reverso Muller Descrición Lanzamento Deseño / gravado Tiraxes das moedas circulantes
Denver Filadelfia Total
2022
Maya Angelou.
[14][15]
Angelou cos brazos en alto, cun paxaro en voo e un Sol nacente detrás. 03/01/2022 E. Damstra / C. Campbell 258.200.000 237.600.000 495.800.000
Sally Ride.
[16][17]
Ride nunha ventá dun transbordador espacial, coa Terra ao fondo. 22/03/2022 E. Hagler / P. Hemphill 278.000.000 275.200.000 553.200.000
Wilma Mankiller.
[18][19]
Maniker cun chal tradicional. Á esquerda, estrela cherokee. 026/06/2022 B. Sowars / P. Hemphill 296.800.000 310.000.000 606.800.000
Nina Otero-Warren.
[20][21]
Otero-Warren con tres flores de mandioca, a flor estatal de Novo México. 15/08/2022 C. Costello / C. Campbell
Anna May Wong.
[22][23]
Retrato en primeiro plano coa cabeza apoiada na man, rodeada de luces brillantes. 25/10/2022 J. P. McGraw / E. Damstra
2023
Bessie Coleman.
[24]
Coleman disposta para voar. C. Costello / E. D. Custer
Edith Kanakaʻole.
[25]
Edith Kanakaʻole con elementos da paisaxe hawaiana. E. Damstra / R. Gordon
Eleanor Roosevelt.
[26]
E. Roosevelr e a balanza da xustiza, co globo terráqueo ao fondo. D. Eveerhart / C. Campbell
Jovita Idar.
[27]
Retrato de Jovita Idar. Na súa roupa, inscricións relativas á súa traxectoria. J. P. McGraw
Maria Tallchief.
[28]
Tallchief nunha pose de ballet, iluminada por un foco. D. Weaver / J. Licaretz

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "American Women Quarter Program". Numista.com
  2. 2,0 2,1 Gilkes, P. (2021). "Circulating Collectible Coin Redesign Act of 2020 signed by president". En Coin World. 15 de xaneiro de 2021.
  3. 3,0 3,1 3,2 "R.1923 - Circulating Collectible Coin Redesign Act of 2020". Congress.gov
  4. Fischer, D.; Masto, C. C. "American women who shaped history are coming soon to quarters, just like George Washington". En USA Today. 14 de febreiro de 2021.
  5. 5,0 5,1 5,2 "American Women Quarters Program". United States Mint.
  6. "As Part of Women's History Month, Reps. Lee & Gonzalez Lead Bipartisan Effort to Issue Quarters Honoring Prominent American Women". Lee.house.gov. 28 de marzo de 2019.
  7. 7,0 7,1 "Gonzalez bill to honor American women on the quarter passes U.S. House of Representatives Arquivado 27 de setembro de 2020 en Wayback Machine.". Anthonygonzalez.house.gov. 23 de setembro de 2020.
  8. Wattles, J. (2018). "Lawmakers push to put women on quarters". En CNN Money. 15 de marzo.
  9. "America the Beautiful Quarters Program". United States Mint
  10. Gilkes, P. (2021). "Fraser portrait to finally debut on quarter in 2022". En Coin World. 23 de abril.
  11. Gilkes, P. (2021). "Fraser portrait to finally debut on quarter in 2022". En Coin World. 23 de abril.
  12. "George Washington Commemorative Gold Five-Dollar". United States Mint.
  13. Pietsch, B. (2021). "Maya Angelou and Sally Ride Will Be Honored on Quarters". En The New York Times. 9 de maio.
  14. "¼ Dollar ''Washington Quarter'' Maya Angelou". Numista.com
  15. "Maya Angelou Quarter". United States Mint.
  16. "¼ Dollar ''Washington Quarter'' Dr. Sally Ride". Numista.com
  17. "Dr. Sally Ride Quarter". United States Mint.
  18. "¼ Dollar ''Washington Quarter'' Wilma Mankiller". Numista.com
  19. "Wilma Mankiller Quarter". United States Mint.
  20. "¼ Dollar ''Washington Quarter'' Nina Otero-Warren". Numista.com
  21. "Nina Otero-Warren Quarter". United States Mint.
  22. "¼ Dollar ''Washington Quarter'' Anna May Wong". Numista.com
  23. "Anna May Wong Quarter". United States Mint.
  24. "Bessie Coleman Quarter". United States Mnit.
  25. "Edith Kanakaʻole Quarter". United States Mint.
  26. "Eleanor Roosevelt Quarter". United States Mint.
  27. "Jovita Idar Quarter". United States Mint
  28. "Maria Tallchief Quarter". United States Mint.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Cuartos de dólar America the Beautiful

Cuarto de dólar estadounidense

Desde 2022
Sucesor:
En uso