Lagenodelphis hosei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lagenodelphis hosei
Frazer´s dolphin group.jpg

Comparación do tamaño co dun humano
Comparación do tamaño co dun humano

Estado de conservación
Datos insuficientes
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Delphinoidea
Familia: Delphinidae
Subfamilia: Delphininae
Xénero: Lagenodelphis
Fraser, 1956 [1]
Especie: L. hosei
Nome binomial
Lagenodelphis hosei
Fraser, 1956 [2]
Distribución de Lagenodelphis hosei

Distribución de Lagenodelphis hosei

Lagenodelphis hosei é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Lagenodelphis, que habita en augas profundas do océano Pacífico e, en menor medida, dos océanos Índico e Atlántico.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

En 1895, Charles E. Hose [3] encontrou un cranio nunha praia de Sarawak, Borneo, que doou ao Museo Británico. O cranio permaneceu sen investigar até 1956, cando Francis Fraser [4] o examinou e concluíu que era similar aos das especie dos xéneros Lagenorhynchus e Delphinus pero que non pertencía a ningunha delas. Así que creou un novo xénero cuxo nome construiu unido estes dos nomes: [Lageno]delphis e [Delphis]. O nome específico foi unha homenaxe ao descrubridor e doador do cranio.[5]

Até 1971 non se veron individuos vivos deste golfiño, nas illas Cocos, no Pacífico oriental, en Australia Meridional e en Sudáfrica. Desde aquela, fixéronse moitos avistamentos, e non parece ser tan raro como se pensou ao principio. De todos os xeitos aída se coñece bastante mal.[6]

Características[editar | editar a fonte]

Os glfiños de Fraser miden aproximadamente 1 m de longo e pesan uns 20 kg ao nacer, e poden chegar até 2,75 m e 200 kg na idade adulta.

Algunhas das súas principais caracetrísticas son:[6]

  • Corpo de configuración robusta de coloración gris azulada ou parda agrisada nas partes superiorers, cunha banda lateral máis escura e unha lina gris clara o crema que bordea a parte superior de dita banda, coa garganta e o ventre de cor branca crema ou branca rosada.
  • Aleta dirsal pequena e aletas pectorais moi peuenas, estreitas e rematadas en punta afiada. A aleta caudal ten unha fendedura ben marcada, e os lóbulos rematan en punta e teñen os bordos posteriores cóncavos. Todas as aletas son de cor gris.
  • O bico é curto, pero ben definido.

Dsitribución e poboación[editar | editar a fonte]

Pouco se sabe da súa distribución. Parece ser máis común cerca do ecuador mo Pacífico oriental e no extremo meridional do estreito de Bohol (Filipinas), e relativamente escaso no océano Atlántico, onde só se coñece nas Antillas Menores en no golfo de México. Parece que pode desporazarse dunha parte a outra do océano Índico, pero só se dispón dalgunhas observacións nas costas do leste de Sudáfrica Madagascar, Sri Lanka e Indonesia. Pero tamén aparece lonxe do ecuador, en zona tan afastadas vomo Taiwán e Xapón, polo norte e, en número moi reducido, en Australia, polo sur. Poucas veces aparece en augas próximas á costa, excepto en torno ás illas oceánicas ou en zonas coa plataforma continental estreita.[6]

A UICN non dispón de datos suficientes para avaliar a tendencia das súas poboación, polo que en 2008 cualificou a súa situación como "LC" (sen datos suficientes).[7]

Comportamento[editar | editar a fonte]

A análise das presas capturadas suxire que Lagenodelphis hosei se mergulla até grandes profundidades, capturando o seu alimento (peixes, cefalópodos e crustáceos) a un mínimo de 250 a 500 m de profundidade. Ten un estilo de natación agresivo: cando sobe á superficie a respirar adoita abandonar as augas facendo unha gran cantidade de escuma. Sábese que pode saltar no aire, pero polo xeral non chama a atención nin é afeizoado a xogar.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lagenodelphis Fraser, 1956 en SIIT.
  2. Lagenodelphis hosei Fraser, 1956 en SIIT.
  3. Charles E. Hose (12 de outubro de 1863 - 14 de novembro de 1929) foi un administador colonial británico, que era, ademáis, zoólogo e etnólogo.
  4. Marshall, N. B. (1979): "Francis Charles Fraser. 16 June 1903-21 October 1978". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 25: 287–226.
  5. Fraser publicou a nove especie ese ano de 1956 en Sarawak Mus. J., n.s., 8 (7): 496.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Carwardine, M. (1995), pp. 208-209.
  7. Hammond, P. S., Bearzi, G., Bjørge, A., Forney, K. A., Karkzmarski, L., Kasuya, T., Perrin, W. F., Scott, M. D., Wang, J. Y. , Wells, R. S. & Wilson, B. (asesores) (2008): "Lista vermella" de especies ameazadas da UICN. Versión 2013.1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lagenodelphis hosei Modificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lagenodelphis hosei

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3.
  • Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]