Lagenorhynchus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lagenorhynchus

Lagenorhynchus obliquidens
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Familia: Delphinidae
Subfamilia: Delphininae
Xénero: Lagenorhynchus
Gray, 1846 [1]
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Lagenorhynchus é un xénero de cetáceos odontocetos da familia dos delfínidos, caracterizado pola cor branca e negra das súas especies.

Aínda que antigamente estaba considerado como monofilético, na actualidade estudos e análises xenéticas do citocromo b mitocondrial indican que as especies de Lagenorhynchis non constitúen un grupo natural, senón que é parafilético.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero Lagenorhynchus foi descrito en 1846 polo naturalista inglés John Edward Gray, no seu traballo

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Gray fomou o seu nome coa unión dos elementos do latín científico lageno- e -rhynchus, ambos tirados do grego antigo. O primeiro é a raíz do xenitivo do substantivo λαγήνος lagḗnos, "botella", e o segundo é a latinización do substantivo ῥύγχος rhýnchos, "fociño".[2] Literalmente: "os do fociño en forma de botella".

Especies[editar | editar a fonte]

O xénero conta coas seguintes seis especies:[1]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

O xénero coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[1][5]

  • Electra Gray, 1866
  • Leucopleurus Gray, 1866
  • Sagmatias Cope, 1866
  • Sagmatius Cope, 1866

Taxonomía problemática[editar | editar a fonte]

Aínda que antigamente o xénero estaba considerado como monofilético, na actualidade estudos e análises xenéticas do citocromo b mitocondrial indican que as especies de Lagenorhynchis non constitúen un grupo natural, senón que é parafilético.

LeDuc, Perrin e Dizon, en 1999, encontraron que os arroaces careto e o pinto están filoxeneticamente illados dentro dos delfínidos, mentres que as restantes catro especies serían membros dos Lissodelphinae, un clado de golfiños predominantente no océano Pacífico, que tamén inclúe as dúas especies do xénero Lissodelphis e as catro do xénero Cephalorhynchus. Estes resultados son algo problemáticos taxonomicamente, posto que o arroaz careto é a especie tipo do xénero Lagenorhynchus e, se as outras especies non están estreitamente relacionadas con el, deberían eliminarse do xénero. En consecuencia, LeDuc et al. suxiren que o arroaz pinto debería colocarse dentro do seu propio xénero, Leucopleurus, e que o resto das especies que necesitan revisión taxonómica, tamén. LeDouc propuxo Sagmatias como un novo xénero para Lagenorhynchus obliquidens, L. autralis, L. cruciger e L. obscurus.[6]

May-Collado e Agnarsson (2006) consideran a L. cruciger e L. australis como situados filoxeneticamente entre as especies de Cephalorhynchus e suxiren que estas dúas especies deben transferirse a dito xénero. Algúns datos morfolóxicos e acústicos apoian este arranxo. Ambas as especies comparten coas de Cephalorhynchus un tipo distinto de sinal de ecolocalización coñecido como sinal de banda estreita, de alta frecuencia.[7][8]

Este sinal é compartido coas toniñas (Phocoenidae) e polo cachalote pigmeo (Kogiidae), pero non se encontra entre outros grupos de golfiños. Segundo Schevill e Watkins (1971), L. australis e as especies de Cephalorhynchus son os únicos golfiños que non asubían.[9]

Presumibelmente isto é tamén o caso de L. cruciger. Por outra parte, L. australis tamén comparte con varias especies de Cephalorhynchus o ter dunha cor branca distinto a "axila" marcada detrás da aleta pectoral.

Segundo a análise de May-Collado e Agnarsson, as restantes dúas especies, L. obscurus e L. obliquidens, estreitamente vinculadas entre si, formarían un grupo irmán do xénero Cephalorhynchus. Se esta hipótese é correcta, teria que cuñarse un novo nome de xénero para dar cabida a estas dúas especies.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Lagenorhynchus Gray, 1846 no SIIT.
  2. Merriam-Webster's Unabridged Dictionary.
  3. 3,0 3,1 3,2 Lahuerta Mouriño, Fernando e Vázquez Álvarez, Francisco X (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 317.
  4. Desde o punto de vista das normas para a nomenclatura vulgar das epecies biolóxicas é incorrecto dar un nome xenérico diferente ás especies do mesmo xénero, salvo que existan razóns podrosas (por exemplo, de uso, que non é aquí o caso), polo que debería ser, daquela, arroaz cruzado.
  5. Lagenorhynchus Gray en WoRMS
  6. LeDuc, R. G.; Perrin, W. F. e Dizon, A. E. (1999): "Phylogenetic relationships among the delphinid cetaceans based on full cytochrome b sequences", en Marine Mammal Science 15: 619–648. Resumo
  7. May-Collado, Laura & Agnarsson, Ingi (2006): "Cytochrome b and Bayesian inference of whale phylogeny". Molecular Phylogenetics and Evolution, 38: 344–354. Ler en PDF.
  8. Kyhn, L. A.; Jensen, F. H.; Beedholm, F. H.; Tougaard, J.; Hansen, M. & Madsen, P. T. (2010): "Echolocation in sympatric Peale's dolphins (Lagenorhynchus australis) and Commerson's dolphins (Cephalorhynchus commersonii) producing narrow-band high-frequency clicks". Journal of Experimental Biology, 213 (11). Resume.
  9. Schevill, W. E. & Watkins, W. A. (1971): "Pulsed sounds of the porpoise Lagenorhynchus australis". Breviora '366: 1–10.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]