Saltar ao contido

Labrada, Abadín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Labrada
Labrada.
ConcelloAbadín[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°24′00″N 7°29′00″O / 43.4, -7.48333333
Área36,81 km²
Poboación190 hab. (2019)
Densidade5,16 hab./km²
Entidades de poboación28[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Labrada é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Segundo o IGE en 2004 tiña 297 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 211 habitantes, sendo 106 homes e 105 mulleres.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Limita ó norte co Cadramón (concello do Valadouro) e O Pereiro (concello de Alfoz), ó sur con Castromaior, Fanoi e Romariz, ó leste con Figueiras, do concello de Mondoñedo, e Romariz; ó Oeste con San Simón da Costa, Corvelle (dentro do concello de Vilalba) e Montouto.

Ten 28 entidades de poboación, 9 lugares e 297 habitantes, sendo a densidade media de 8,1 hab./km² no 2004.

As entidades son Os Agros (abandonado), A Atalaia (1), O Barral (25), As Basilias (15), A Caveira (7), O Calvo (11), Carvallal (8), Carozo (5), A Casavella (12), Chao do Covo (13), Chao do Outeiro (5), A Choqueira (4), O Cordal (26), O Coto (1), Currovedo (3), Lamacide (9), O Outeiro (10), A Pardela (abandonado), O Paridoiro (3), O Pazo (2), Portovello (5), A Poza (abandopnado), Ratoeira (2), Sisalde (1), Tezán (26), Tivián (7), As Trandeiras (8) e Xanaz (2). Os lugares (que adoitan formar parte dalgunhas das entidades) son A Capeleira, O Catadoiro, O Fondo de Vila, A Fonte, O Freixeiro, As Lagoas, Lestide, As Vigas e Xuadento.

Orografía

[editar | editar a fonte]

Destacan os cumios de Lombo Pequeno (1.015 m), Río Pedrido (1.005 m), Ladeiras do Seixobranco (962 m), Airavella (961 m), Salgueiriño (935 m), Redondiño (916 m), Pena da Cruz (831 m), Mariñas do Reial (821 m), Couto da Cal (807 m), Chao da Fouce (788 m), Pena do Montrol (779 m), Curro do Bispo (707 m), Porto da Calzada Vella (670 m) e A Santa (600 m).

Coma outras terras do bispado mindoniense, vencéllase historicamente á chegada dos bretóns insulares nos séculos V e VI, como data a sinatura do Bispo britano Mailoc no Segundo Concilio de Braga no 572.

Os documentos máis antigos nos que aparece a parroquia refírense ó 1407, cando o bispo de Mondoñedo, Álvaro de Isorna, arrendou a Nuno Freire de Andrade, o Mao varios coutos da súa xurisdición, entre eles Labrada.

Patrimonio histórico e artístico

[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de San Pedro de Labrada, situada na aldea do Barral, esta feita sobre un terreo sumamente crebado e montañoso no que, a finais do século XII, o bispo de Mondoñedo fundou a parroquia. Conserva algún elemento románico. De nave rectangular, con capela maior cadrada de maior altura e sancristía acaroada na cabeceira. Cuberta de tella a dúas augas na nave e a catro no presbiterio. A fachada, do século XVIII, é de fábrica de perpiaños graníticos, con porta de arco alintelado, pequena xanela, espadana de dous corpos e tres vans rematada en frontón e puntas de diamante, a que se sobe pola escaleira lateral acaroada o muro esquerdo. Os muros laterais son a parte máis antiga do edificio, e teñen quenllas sen debuxo, así como unha porta de arco de medio punto con seis grandes doelas no muro esquerdo, e o seu caron un escudo gótico con cruz. A inscrición no exterior da capela maior data do 1852. E no interior conten imáxes de talla moderna.

Cruceiros

[editar | editar a fonte]

No Barral, hai situados dous cruceiros: O primeiro, realizado en granito e de pequenas dimensións. Cruz cunha figura arcaizante de Cristo, que ten ós seus pés a escultura dunha cabeza; sen capitel, apoiase directamente sobre unha base tronco-piramidal e non ten inscrición.

O segundo cruceiro, tamén realizado en granito. Ten unha Cruz florenzada coa figura de Cristo no anverso e a Dolorosa no reverso; capitel con anxos nos lados e volutas nas esquinas; fuste con relevo de San Pedro na parte superior, seguido dos atributos da Paixón: cravos, martelo, tenaces, lanza e escaleira; a base, de tronco-piramidal con inscrición ten a data de realización do 1885.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Labrada

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Labrada no concello de Abadín (provincia de Lugo)

Os Agros | Atalaia | O Barral | As Basilias | A Cabeira | O Calvo | A Capeleira | Carballal | Carozo | A Casavella | O Catadoiro | Chao do Covo | Chao do Outeiro | A Choqueira | O Cordal | O Coto | Currovedo | Fondo de Vila | A Fonte | O Freixeiro | As Lagoas | Lamacide | Lestide | O Outeiro | A Pardela | O Paridoiro | O Pazo | Portovello | A Poza | Ratoeira | Sisalde | Tezán | Tivián | Trandeiras | As Vigas | Xanaz | Xuadento

Parroquias de Abadín

[editar | editar a fonte]
As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Abadín

Abadín (Santa María) | Abeledo (Santa María) | Aldixe (San Pedro) | Baroncelle (Santiago) | Cabaneiro (San Bartolomeu) | Candia (San Pedro) | Castromaior (San Xoán) | Corvite (San Pedro) | Fanoi (Santa María Madanela) | Fraiás (San Pedro) | Galgao (San Martiño) | As Goás (San Pedro) | A Graña de Vilarente (Santa María Madanela) | Labrada (San Pedro) | Moncelos (Santiago) | Montouto (Santa María) | Quende (Santiago) | Romariz (San Xoán) | Seivane de Vilarente (San Xoán)


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]