Moncelos, Abadín
Moncelos | |
---|---|
Igrexa de Moncelos. | |
Concello | Abadín[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°17′01″N 7°29′30″O / 43.28351928, -7.49171151 |
Área | 6,8 km² |
Poboación | 191 hab. (2019) |
Densidade | 28,09 hab./km² |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Moncelos é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Segundo o IGE en 2014 tiña 185 habitantes (87 homes e 98 mulleres), 61 menos ca en 2004.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita ao norte coas parroquias de Baroncelle e Corvite; ao sur coas Goás; ao leste coa Graña de Vilarente e Vilarente e ao oeste con Árbol (no concello de Vilalba).
Pertence ao arciprestado de Baroncelle e está composta por 10 entidades de poboación e 9 lugares, cunha densidade de 36'2 hab./km². As entidades son A Cañoteira (1), A Casavella (7), Moar (20), Redemuíños (6), Ribela (18), Os Tarraxís (39), O Valado (23), As Veiguiñas (11), Xubín (29) e Zoñán (31). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son O Alto, Carba, As Cargas, O Carragal, O Fermín, O Formigueiro, A Furada, As Golpilleiras e Sinde. O lugar de maior altitude é Argán (585 m).
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- A igrexa parroquial de Santiago de Moncelos,[2] situada na aldea dos Tarraxís, ao igual que o cruceiro da mesma aldea, está situada sobor dun antigo castro. Construída no século XVI, sufriu profundas transformacións e engadidos posteriores. De planta rectangular, consta dunha nave con capelas laterais e capela maior, a carón da cal se encontra a sancristía. A nave e a capela maior están cubertas de cachotaría de lousa a dúas e tres augas respectivamente. Diante da fachada hai un pórtico e sobre o muro do mesmo, unha espadana dun corpo con dous vans a que se accede por unha torreta circular adusada, na que se encerra unha escaleira de caracol. A porta principal esta adintelada. No interior destacan o arco triunfal de medio punto e os arcos das capelas laterais. Púlpito con base de pedra pintada, o rústico pavimento de lastras e o interesante retablo maior barroco do século XVIII, procedente da igrexa do mosteiro de Meira, ademais do retablo lateral plateresco popular do século XVII.
Cruceiros
[editar | editar a fonte]Un cruceiro en granito de cruz coa figura de Cristo crucificado, coa presenza dunha cabeza aos seus pés, e a Virxe Inmaculada no reverso; capitel de estilo xónico con volutas nas esquinas, e fuste cos atributos da Paixón (cravos, martelo, tenaces, escaleira e lanza); a base, de forma cúbica, conten unha inscrición coa data do 1867.
No Carragal hai outro cruceiro de granito, con cruz florenzada coa figura de Cristo e unha figura máis pequena aos seus pés no anverso, e a figura da Piedade no reverso; capitel con anxos aos lados e volutas nas esquinas, fuste poligonal cunha figura e os instrumentos da Paixón; apóiase directamente sobre unha base tronco-piramidal. Non ten inscrición nin data.
No Valado hai outro cruceiro realizado en granito. Coa cruz florenzada con Cristo no anverso; capitel sinxelo con arestas; fuste poligonal con atributos da Paixón: lanza, cravos, martelo, tenaces e escaleira; con base cúbica sen inscricións.
Cóntase que había un lugar en Moncelos chamado Fromariz[3] no que se producían aparicións fantásticas, como unha vaca con sete becerros, unha cocha con oito bacoriños ou gatos que se enleaban nas pernas dos transeúntes. Ó final, para acabar con este encanto chantaron un cruceiro, e desde aquela xa non se aparece nada.[4]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Detalle da igrexa.
-
Detalle da igrexa.
-
Detalle da igrexa.
-
Vista posterior da igrexa.
-
Contorno da igrexa.
-
Escola.
-
Cemiterio.
-
Detalle do cemiterio.
-
Cemiterio civil.
-
Cemiterio civil.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Moncelos
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Moncelos no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
O Alto | A Cañoteira | Carba | As Cargas | O Carragal | A Casavella | O Fermín | O Formigueiro | A Furada | As Golpilleiras | Moar | Redemuíños | Ribela | Sinde | Os Tarraxís | O Valado | As Veiguiñas | Xubín | Zoñán |
Parroquias de Abadín
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Igrexa de Santiago de Moncelos na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Non consta a existencia de tal lugar no Nomenclátor.
- ↑ "O cruceiro de Fromariz". Galicia Encantada (en castelán).