Candia, Abadín
| Candia | |
|---|---|
Igrexa de San Pedro en Candia | |
| Concello | Abadín[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 43°21′N 7°30′O / 43.35, -7.5 |
| Área | 4,04 km² |
| Poboación | 57 hab. (2023) |
| Densidade | 14,11 hab./km² |
| Entidades de poboación | 8[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Pedro de Candia é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Segundo datos do IGE[2], en 2023 tiña 57 habitantes (26 homes e 31 mulleres) o que supón unha diminución da poboación respecto a 2015 cando tiña 84 habitantes (42 homes e 42 mulleres), cunha densidade de 20,79 hab./km² e con 8 entidades de poboación e 7 lugares.
Ten 4,04 km² de superficie. Limita coas parroquias de Castromaior, Goás, Cabaneiro e Abadín. Pertencente ó arciprestado de Baroncelle.
As entidades son Carballás (21), Os Castros (12), A Grandela (13), Louside (3), Pedrafita (13), A Penamoura (4), Ponterroxal (5) e As Prazas (13). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son O Barrio do Rei, Carballido, O Cristo, A Galgueira, Rego de Candia, Rozavella e Ruxidoiro.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]
Esta parroquia, ó igual que as adxacentes, é moi rica en cruceiros, na inmensa maioría datados ao redor dos anos 1900. A igrexa era propiedade feudal da familia Candia, que construíu a parroquia no predio familiar en honra e agradecemento a San Pedro de Candia, polos logros da conquista das Américas, en nome de Pedro de Candia.[3]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Candia
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Candia no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
|---|---|
|
O Barrio do Rei | Carballás | Carballido | Os Castros | O Cristo | A Galgueira | A Grandela | Louside | Pedrafita | A Penamoura | Ponterroxal | As Prazas | Rego de Candia | Rozavella | Ruxidoiro |
Parroquias de Abadín
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia". Instituto Galego de Estatística (IGE). Consultado o 27 febreiro 2025.
- ↑ Martín Fernández (19 de abril de 2020). "Manuel Candia, filántropo de Cervo que fundó la villa argentina de Copetonas". La Voz de Galicia (en castelán).