Saltar ao contido

Quende, Abadín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quende
Igrexa e cemiterio
ConcelloAbadín[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°21′47″N 7°27′10″O / 43.36297533, -7.45268364
Área9,54 km²
Poboación157 hab. (2019)
Densidade16,46 hab./km²
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Santiago de Quende é unha parroquia do concello de Abadín. Segundo o IGE[2] en 2015 tiña 187 habitantes (91 homes e 96 mulleres), oito menos ca en 2014 (95 homes e 100 mulleres) e 53 menos que en 2004.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Ten unha superficie de 9,54 km². Limita ao norte con Romariz e Sasdónigas (concello de Mondoñedo), ao sur con Loboso, ao leste con Sasdónigas e Galgao e ao oeste con Romariz, Fanoi, Fraiás e Abadín. Pertence ao arciprestado de Mondoñedo, ten 10 entidades de poboación e 7 lugares, cunha densidade media de 19,6 hab./km² (2015).

As entidades de poboación son A Bouza (9), Candabade (13), Os Carballiños (6), Fontepresa (29), Framil (6), Gontán (71), Moncalvo (4), Os Péreces (27), Os Titos (3) e A Xesta (19). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son O Campo, A Casanova, As Corgas, Gontán de Abaixo, Gontán de Arriba, O Outeiro e A Ribeira.

Pertenceu a antiga Maestrescolía de Mondoñedo e era curato de entrada da provisión ordinaria. A vila de Quende foi posesión do Mosteiro de Lourenzá.[Cómpre referencia]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

No lugar de Gontán de Abaixo existe dous cruceiros de especial relevancia: o primeiro ten o seu acceso dende o núcleo de Abadín. Tómase o desvío a esquerda, sinalizado, e a 400 metros encóntrase na marxe dereita da estrada que vai a Labrada. O cruceiro está realizado en granito e de dimensións normais. Cruz florenzada coa figura de Cristo no anverso; capitel con anxos nos lados e volutas nas esquinas; fuste poligonal con figura no lado maior, custodia e os atributos da Paixón; base tronco-piramidal, con inscricións.

Para o segundo tamén se accede dende o núcleo de Abadín, e tómase o desvío á esquerda sinalizado, e a 350 metros encóntrase diante da Igrexa. O cruceiro está realizado en granito. Cruz de remates florenzados co Cristo de grandes dimensións e figura feminina de menor tamaño ó seu carón (falta unha figura no outro lado), a Piedade na parte posterior; capitel con anxos os lados e volutas nas esquinas; fuste poligonal con figura na parte superior, custodia e atributos da Paixón; base tronco-piramidal, sen inscricións.

Existe un terceiro cruceiro nesta parroquia, o de Fontepresa. O cruceiro está realizado en granito e ten dimensións normais. Cruz florenzada coa figura de Cristo no anverso, Virxe co neno e Santa Ana, de menor tamaño, no lado maior, mentres que no lado menor hai unha figura da Dolorosa; capitel con anxos a carón e volutas nas esquinas; fuste poligonal con figura de Santiago e os atributos da Paixón; base cúbica sobre outra base de xisto con inscricións.

Gontán dispón ademais dunha área recreativa á que se accede dende o núcleo de Abadín tomando o desvío a esquerda en dirección Gontán, sinalizado. Cóllese a esquerda unha estrada que conduce até o río Labrada, e a carón deste encóntrase o recurso. É unha pequena área de 100 metros cadrados situada nas beiras do río Labrada o seu paso polo núcleo de Gontán. Ten merendeiro e praia fluvial acondicionada cunha explanada de cemento para facilitar o baño. O seu contorno vexetacional autóctono de ribeira e rico, con carballos, bidueiros, ameneiros e sabugueiros.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Quende

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Quende no concello de Abadín (provincia de Lugo)

A Bouza | O Campo | Candabade | Os Carballiños | A Casanova | As Corgas | Fontepresa | Framil | Gontán de Abaixo | Gontán de Arriba | Moncalvo | O Outeiro | Os Péreces | A Ribeira | Os Titos | A Xesta

Parroquias de Abadín

[editar | editar a fonte]
As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Abadín

Abadín (Santa María) | Abeledo (Santa María) | Aldixe (San Pedro) | Baroncelle (Santiago) | Cabaneiro (San Bartolomeu) | Candia (San Pedro) | Castromaior (San Xoán) | Corvite (San Pedro) | Fanoi (Santa María Madanela) | Fraiás (San Pedro) | Galgao (San Martiño) | As Goás (San Pedro) | A Graña de Vilarente (Santa María Madanela) | Labrada (San Pedro) | Moncelos (Santiago) | Montouto (Santa María) | Quende (Santiago) | Romariz (San Xoán) | Seivane de Vilarente (San Xoán)


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]