Cabaneiro, Abadín
Cabaneiro | |
---|---|
Igrexa de Cabaneiro. | |
Concello | Abadín[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°20′00″N 7°28′00″O / 43.33333333, -7.46666667 |
Área | 4,09 km² |
Poboación | 50 hab. (2019) |
Densidade | 12,22 hab./km² |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Bartolomeu de Cabaneiro[2] é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Tiña 50 habitantes en 2019 (20 homes e 30 mulleres) segundo datos do IGE[3]. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2014 cando tiña 53 habitantes (21 homes e 32 mulleres), e 13 habitantes menos que en 2004.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Ten unha superficie de 4,09 km², e pertence ao arciprestado de Baroncelle. Limita coas parroquias de Abadín, Fanoi, Candia, Corvite, As Goás, Quende, Fraiás e o concello da Pastoriza.
As súas entidades de poboación son Os Currás (10), Formado (5), Odreiro (7), A Pedreira (7), A Picheira (12) e O Porto Pequeno (9). A Panda é ooutro lugar da parroquia. En 2015 a densidade media de poboación era de 12,22 hab./km².
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Cruceiros
[editar | editar a fonte]Na aldea dos Curras consérvanse dous cruceiros:
- O primeiro está composto de granito. Cruz de remates florenzados coa figura de Cristo, e a Virxe e San Xoán de menor tamaño; capitel con anxos nos lados e volutas nas esquinas; fuste con decoración xeométrica na súa parte superior, continuando cos atributos da Paixón (cravos, martelo, tenaces, lanza e escaleira); e base troncopiramidal con inscrición ilexible. Localízase no adro da igrexa parroquial de San Bartolomeu de Cabaneiro.
- O segundo cruceiro, realizado en granito. De sinxela cruz con figura arcaizante do Cristo, con moi pouco relevo. Carece de fuste e apoiase directamente sobor dunha base troncopiramidal. Non presenta inscrición ningunha coa data de realización.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Cabaneiro
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Cabaneiro no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
Os Currás | Formado | Odreiro | A Panda | A Pedreira | A Picheira | O Porto Pequeno |
Parroquias de Abadín
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Nomenclátor - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2021-07-05.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 11 de decembro de 2016.