Saltar ao contido

Galgao, Abadín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Galgao
Cruceiro e santuario de San Cosme de Galgao
ConcelloAbadín[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°22′50″N 7°25′39″O / 43.38063341, -7.42763115
Área11,6 km²
Poboación59 hab. (2023)
Densidade5,09 hab./km²
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Galgao é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Segundo datos do IGE[2], en 2023 tiña 59 habitantes (29 homes e 30 mulleres). Iso supón unha diminución de poboación respecto a 2015 cando tiña 76 habitantes (40 homes e 36 mulleres).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Ten unha superficie de 11,6 km². Limita coas parroquias de Quende, Fanoi e Romariz, xunto cos concellos da Pastoriza e Mondoñedo. A parroquia pertencente o arciprestado de Mondoñedo. Ten 7 entidades de poboación e 2 lugares con 59 veciños, sendo a densidade media de poboación de 5,09 hab/km² no 2023.

As entidades de poboación son Bicos (8), Os Currás (10), A Maramiga (6), A Piegueira (5), O Rego do Cal (10), Os Samordás (4), e O Someiro (16). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son: A Carreira e Os Liñares.

Dentro da súa orografía destacan Rego de Bidueira (700 m), Alto do Seixal (678 m) e Pena Grande (664 m).

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

O santuario de San Cosme de Galgao construíuse en 1925. Anteriormente a romaría celebrábase na ermida de San Cosme da Montaña, hoxe en ruínas.[3]

Galgao conta cun cruceiro de granito con cruz florenzada coa figura de Cristo no anverso e Piedade no reverso; fuste con trísceles no remate superior, culebra, corazón, cáliz con cabeza de anxo e os atributos da Paixón; base cúbica, con inscricións, sobor plataforma con dous chanzos cuadrangulares.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Galgao

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Galgao no concello de Abadín (provincia de Lugo)

Bicos | A Carreira | Os Currás | Os Liñares | A Maramiga | A Piegueira | O Rego do Cal | Os Samordás | O Someiro

Parroquias de Abadín

[editar | editar a fonte]
As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Abadín

Abadín (Santa María) | Abeledo (Santa María) | Aldixe (San Pedro) | Baroncelle (Santiago) | Cabaneiro (San Bartolomeu) | Candia (San Pedro) | Castromaior (San Xoán) | Corvite (San Pedro) | Fanoi (Santa María Madanela) | Fraiás (San Pedro) | Galgao (San Martiño) | As Goás (San Pedro) | A Graña de Vilarente (Santa María Madanela) | Labrada (San Pedro) | Moncelos (Santiago) | Montouto (Santa María) | Quende (Santiago) | Romariz (San Xoán) | Seivane de Vilarente (San Xoán)


  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. "Nomenclátor estatístico de Galicia". Instituto Galego de Estatística (IGE). Consultado o 12 marzo 2025. 
  3. Miriam Fernández (27 de febreiro de 2021). "Reportaxe: O San Cosme da Montaña". Terra Chá Xa. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]