As Goás, Abadín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°20′00″N 07°30′00″O / 43.33333, -7.50000

As Goás
Igrexa das Goás, Abadín (2).jpg
Igrexa das Goás.
Parroquia de As Goas do concello de Abadin.png
ConcelloAbadín
Área10,35 km²
Poboación104 hab. (2014)
Densidade10,05 hab./km²
Entidades de poboación13

San Pedro de Goás é unha parroquia do concello de Abadín. En 2004 tiña 124 habitantes, repartidos nun lugar e 7 entidades de poboación. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 104 habitantes, sendo 53 homes e 51 mulleres.

As entidades son Butarreira (30), A Casanova (18), Gaúte (12), Leiras (11), Pumariño (31), Os Vidás (2) e O Vilar (abandonado). O lugar (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) é A Costa.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ten unha superficie de 4,15 km², cunha densidade media de 29,9 hab/km² no 2004. Limita ao norte coas parroquias de Abadín e Candia, ao sur con Baroncelle e Abeledo, ao leste con Cabaneiro e ao oeste con Aldixe. Formou parte da desaparecida xurisdición da Costa do Monte sobre a que exercía o seu señorío o bispo de Mondoñedo entre outros.

Os cumios máis altos son Abelleira (617 m), Goás (604 m) e Meixón (474 m).

Patrimonio[editar | editar a fonte]

No lugar de Gaute hai unha igrexa construída no século XVI, sufrindo importantes reformas posteriores. A nave, de planta rectangular con capela maior e sancristía arrimada á cabeceira, está cuberta de lousa a dúas augas, e a catro augas no presbiterio. A fachada ten un arco alintelado e outro de descarga feito de lastras, coa curiosa espadaña con dous vans no primeiro corpo e un no segundo, a que se accede por unha escaleira exterior situada no muro norte. No interior destacan as rústicas pinturas de cortinaxes vermellos no presbiterio, arco triunfal de forma carpanel, dúas laudas sepulcrales no chan da capela maior, retablo maior neoclásico do século XIX e retablos laterais barrocos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares das Goás[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia das Goás no concello de Abadín (provincia de Lugo)

Butarreira | A Casanova | A Costa | Gaúte | Leiras | Pumariño | Os Vidás | O Vilar

Parroquias de Abadín[editar | editar a fonte]

As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Abadín

Abadín (Santa María) | Abeledo (Santa María) | Aldixe (San Pedro) | Baroncelle (Santiago) | Cabaneiro (San Bertomeu) | Candia (San Pedro) | Castromaior (San Xoán) | Corvite (San Pedro) | Fanoi (Santa María Madalena) | Fraiás (San Pedro) | Galgao (San Martiño) | As Goás (San Pedro) | A Graña de Vilarente (Santa María Madalena) | Labrada (San Pedro) | Moncelos (Santiago) | Montouto (Santa María) | Quende (Santiago) | Romariz (San Xoán) | Seivane de Vilarente (San Xoán)


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]