Abeledo, Abadín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°19′00″N 07°28′00″O / 43.31667, -7.46667

Abeledo
Leiras O Campo, Abeledo, Abadín.jpg
Leiras do Campo.
Parroquia de Abeledo do concello de Abadin.png
ConcelloAbadín
Área9,16 km²
Poboación137 hab. (2015)
Densidade14,96 hab./km²
Entidades de poboación17

Santa María de Abeledo é unha parroquia do concello lugués de Abadín na comarca da Terra Chá. Tiña 137 habitantes en 2015 (66 homes e 71 mulleres) segundo datos do IGE[1]. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2009 cando tiña 159 habitantes (92 mulleres e 67 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, e en relación ao ano 1999 cando tiña 187 habitantes. A a densidade media de poboación en 2015 é de 14,396 hab/km².

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita coas parroquias de Fraiás, Cabaneiro, Candia, As Goás, Baroncelle e Corvite.

As súas entidades de poboación son Cabo de Vila, O Campo, O Carballo, A Coroza, O Coto, A Fervoira, Foxacos, O Outeiro, Os Pasandellos, As Regas, A Reboira, Sabugos, Touceiras, Toxeiro, Trasón, A Valiña e A Vesada

Ten unha altitude media de 520 msnm. Na parroquia de Abeledo pódese encontrar unha paisaxe moi diversa, empezando na parte máis alta polo monte Corda de Neda, cunha superficie de 430 ha, qu pertencen na súa totalidade ós veciños da parroquia. Dende o seu cumio (800 m) pódese divisar case a totalidade da comarca da Terra Chá e gran parte da provincia de Lugo. Neste monte, á parte do seu piñeiral pódese gozar da presenza de cabalos salvaxes, cabras e vacas. Ao pé do monte atópase a zona de casas e a área agrícola, que aínda conserva as tradicións antigas de rotación de cultivos nos seus vilares, dando lugar a un mosaico de vexetación moi diverso. Na parte máis baixa hai que destacar o rego da Fraga, un pequeno regato no que hai troitas, rodeado de castiñeiros e carballos. Este rego ten oito edificacións antigas, entre as que destacan un mazo, cinco muíños de auga, unha dinamo para producir corrente coa auga e unha moa de afiar tamén movida pola auga.

Relixiosamente, pertence ao arciprestado de Baroncelle. A partida bautismal máis antiga que se recolle no arquivo parroquial corresponde ao ano 1586

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de Santa María de Abeledo está localizada na aldea de Touceiras. É unha igrexa construída no século XVII sobre un antigo castro e rodeada dunha espesa arboreda autóctona que fai do lugar unha bonita paraxe. A pesar desa antigüidade, o edificio sufriu reformas posteriores. Ten unha nave de planta rectangular, coa capela maior máis elevada e a sancristía acaroada na cabeceira. A cuberta é de lousa a dúas augas na nave e a catro na capela maior. A fachada ten un arco adintelado e espadana dun só van, rematada con puntas de diamante. No interior atópase un arco triunfal de medio punto, dous retablos barrocos, gran cantidade de imaxes dos séculos XVII e XVIII, e unha curiosa laxe de pedra do século XVII con fundacións piadosas.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Abeledo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Abeledo no concello de Abadín (provincia de Lugo)

Abeledo de Abaixo | Abeledo de Arriba | Cabo de Vila | O Campo | O Carballo | O Carboeiro | Os Caxigos | A Coroza | O Coto | A Fervoira | Foxacos | O Outeiro | Os Pasandellos | A Reboira | As Regas | Sabugos | A Torre | Touceiras | Toxeiro | Trasón | A Valiña | A Vesada

Parroquias de Abadín[editar | editar a fonte]

As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Abadín

Abadín (Santa María) | Abeledo (Santa María) | Aldixe (San Pedro) | Baroncelle (Santiago) | Cabaneiro (San Bertomeu) | Candia (San Pedro) | Castromaior (San Xoán) | Corvite (San Pedro) | Fanoi (Santa María Madalena) | Fraiás (San Pedro) | Galgao (San Martiño) | As Goás (San Pedro) | A Graña de Vilarente (Santa María Madalena) | Labrada (San Pedro) | Moncelos (Santiago) | Montouto (Santa María) | Quende (Santiago) | Romariz (San Xoán) | Seivane de Vilarente (San Xoán)


Notas[editar | editar a fonte]

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Consultado o 9 de decembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]