Saltar ao contido

A Graña de Vilarente, Abadín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Graña de Vilarente
Igrexa da Graña de Vilarente.
ConcelloAbadín[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°17′20″N 7°28′47″O / 43.28879951, -7.47973536
Área10,35 km²
Poboación192 hab. (2019)
Densidade18,55 hab./km²
Entidades de poboación13[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María Madanela da Graña de Vilarente[2] é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Tiña 213 habitantes en 2015 (101 homes e 112 mulleres) segundo datos do IGE[3]. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2014 cando tiña 210 habitantes (101 homes e 109 mulleres), e 54 habitantes menos que en 2004.

Limita ao norte con Vilarente, ao sur con Muimenta e Roás (concello de Cospeito), ao leste con Vilarente e ao oeste con Moncelos e As Goás. Pertence o arciprestado de Baroncelle e ten 13 entidades de poboación e 12 lugares, cunha densidade media de 20'58 hab/km² no 2015.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

As entidades son A Cabana (31), A Cabeceira ou A Carballeira (11), O Carboeiro (20), A Casavella (5), O Coído (13), Fraga de Vila (12), Penela (11), Porto da Moura (35), A Pumarega (6), Ruavella (23), Os Trinta (13), Vilar de Nuño (24) e Vista Alegre (9). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son As Augas, Os Carracedos, Chouselas, O Cotiño, A Croa, Os Currás, O Fondal, A Fonte do Trobo, A Fumeira, O Igrexario, Rego da Páxara e Tremoído.

Orografía

[editar | editar a fonte]

Destacan os cumios de Roza do Pleito (443 m) e Marco do Forneiro (440 m).

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
  • O Pazo de Cernada é un edificio de propiedade privada, situado nun terreo chan. Planta do edificio en U, con dous pisos, de fábrica de cachotería de pedra rebocada e cantería nos reforzos dos ocos, con cuberta de lousa. A fachada principal ten un soportal de entrada formado por un pórtico de pedra sobre o que se encontra o escudo. Na fachada posterior destacan as grandes chemineas e unha galería acristalada de madeira. Vans con tornachoivas. Antiga propiedade da familia dos Noguerol e os Barxa. Na parte posterior ten unha horta con frutais, pozo, cabazo de planta cuadrangular de tipo asturiano, alpendres etc. Toda a leira encóntrase amurallada coa bonita porta de reixas na entrada. No camiño de acceso encóntrase un pombal de planta cuadrangular, un cruceiro de granito e a capela propiedade do pazo, con imaxinería e altar de madeira nobre de gran valor artístico.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares da Graña de Vilarente

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia da Graña de Vilarente no concello de Abadín (provincia de Lugo)

As Augas | A Cabana | A Cabeceira | A Carballeira | O Carboeiro | Os Carracedos | A Casavella | Chouselas | O Coído | O Cotiño | A Croa | Os Currás | O Fondal | A Fonte do Trobo | Fraga de Vila | A Fumeira | O Igrexario | Penela | Porto da Moura | A Pumarega | Rego da Páxara | Ruavella | Tremoído | Os Trinta | Vilar de Nuño | Vista Alegre

Parroquias de Abadín

[editar | editar a fonte]
As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Abadín

Abadín (Santa María) | Abeledo (Santa María) | Aldixe (San Pedro) | Baroncelle (Santiago) | Cabaneiro (San Bartolomeu) | Candia (San Pedro) | Castromaior (San Xoán) | Corvite (San Pedro) | Fanoi (Santa María Madanela) | Fraiás (San Pedro) | Galgao (San Martiño) | As Goás (San Pedro) | A Graña de Vilarente (Santa María Madanela) | Labrada (San Pedro) | Moncelos (Santiago) | Montouto (Santa María) | Quende (Santiago) | Romariz (San Xoán) | Seivane de Vilarente (San Xoán)


  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. "Nomenclátor - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2022-01-12. 
  3. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 11 de decembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]