Castromaior, Abadín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°20′00″N 07°32′00″O / 43.33333, -7.53333

Castromaior
O Padrón2, Castromaior, Abadín.jpg
Padrón, lugar de Castromaior.
Parroquia de Castromaior do concello de Abadin.png
ConcelloAbadín
Área11,93 km²
Poboación170 hab. (2014)
Densidade14,25 hab./km²
Entidades de poboación10

San Xoán de Castromaior é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Limita coas parroquias de Candia, Goás e Aldixe; e a de Corvelle (no concello de Vilalba).

Pertence ó arciprestado de San Simón e ten 196 habitantes distribuídos en 10 entidades de poboación (2004): A Arnela (7), O Barral (33), Billetes (19), Celme (30), Egoeiras (22), Fontefeal (20), Fraga (13), As Paredes (35), Rega do Foxo (1) e Roxoa (16), sendo a súa densidade media de 16,4 hab/km2. A superficie da parroquia é de 11,93 km2. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 170 habitantes, sendo 73 homes e 97 mulleres.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • O Pazo da Roxoa é unha propiedade privada que non está aberta ás visitas. Está situado na ladeira dun outeiro que baixa cara o val, con arborado abundante na leira e arredores. Ten planta rectangular con corpos engadidos na parte posterior. Na fachada principal hai unha porta de arco de medio punto, gran lápida de pedra e 2 escudos con data de 1510; o patín central é de cachotería e 4 columnas de pedra. Fonte de 2 canos con mascaróns, cerca do pazo. Capela na parte traseira. Cruceiro á entrada. Muros de cantería granítica. Cuberta de lousa a catro augas.
  • Igrexa parroquial de San Xoán de Castromaior, situada na aldea do Barral. A Igrexa está emprazada sobor dun antigo castro, construída no século XVI e reformada posteriormente. De planta rectangular, cuberta de lousa a dúas augas. Sancristía acaroada na cabeceira. Fachada coa porta de entrada de arco escarzano, arquivolta en aresta e moldura exterior sinxela; tímpano adlintelado e mochetas con decoración xeométrica; e con espadana dun só van. O muro lateral ten unha frecheira. No interior destaca o retablo maior barroco do século XVIII, dous retablos laterais de traza popular e un arco sepulcral co escudo de Xoán Montenegro, do 1622.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Igrexa parroquial de San Xoán.

Lugares de Castromaior[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Castromaior no concello de Abadín (provincia de Lugo)

A Arnela | O Barral | Billetes | Bioces | A Canteirada | Celme | Egoeiras | Entrelorríos | Fontefeal | Fontemuín | Fosas | Fraga | O Grandón | As Paredes | O Pazo | A Pedreira | Rega do Foxo | Roma | Roxoa | Sever | Suarriba | A Tarroeira

Parroquias de Abadín[editar | editar a fonte]

As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Abadín

Abadín (Santa María) | Abeledo (Santa María) | Aldixe (San Pedro) | Baroncelle (Santiago) | Cabaneiro (San Bertomeu) | Candia (San Pedro) | Castromaior (San Xoán) | Corvite (San Pedro) | Fanoi (Santa María Madalena) | Fraiás (San Pedro) | Galgao (San Martiño) | As Goás (San Pedro) | A Graña de Vilarente (Santa María Madalena) | Labrada (San Pedro) | Moncelos (Santiago) | Montouto (Santa María) | Quende (Santiago) | Romariz (San Xoán) | Seivane de Vilarente (San Xoán)


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]