La battaglia di Legnano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La battaglia di Legnano
A batalla de Legnano
A batalla de Legnano nun cadro de Amos Cassioli (1832-1891).
FormaÓpera
Actos e escenas4 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaSalvatore Cammarano
Fontes literariasJoseph Méry: La bataille de Toulouse (1828)
Estrea27 de xaneiro de 1849
Teatro da estreaTeatro Argentina
Lugar da estreaRoma
Duración110 minutos
Música
CompositorGiuseppe Verdi
Localización da partituraArchivio Storico Ricordi, Milán
Personaxes

Frederico Barbarroxa (baixo)
Os dous cónsules (baixos)
O podestà de Como (baixo)
Rolando (barítono)
Lida (soprano)
Arrigo (tenor)
Marcovaldo (barítono)
Imelda (mezzosoprano)
Un escudeoro de Arrigo (tenor)
Un heraldo (tenor)

La battaglia di Legnano (en galego A batalla de Legnano) é unha ópera en catro actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Salvatore Cammarano, baseado na obra de Joseph Méry La bataille de Toulouse (1828). Esta ópera foi estreada no Teatro Argentina de Roma o 27 de xaneiro de 1849. Mentres que a estrea foi un éxito, a ópera fracasou na súa produción en Xénova en 1850.[1]

Actualmente esta ópera case non se representa, nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece cunha única representación no período 2005-2010.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 27 de xaneiro de 1849[2]
(Director: - )
Frederico Barbarroxa, emperador romano-xermánico baixo Pietro Sottovia
Primeiro cónsul de Milán baixo Alessandro Lanzoni
Segundo cónsul de Milán baixo Achille Testi
Alcalde de Como baixo Filippo Giannini
Rolando, líder milanés barítono Filippo Colini
Lida, súa dona soprano Teresa De Giuli-Borsi
Arrigo, guerreiro veronés tenor Gaetano Fraschini
Marcovaldo, prisioneiro alemán barítono Lodovico Butia
Imelda, sirviente de Lida mezzosoprano Vincenza Marchesi
Cabaleiro de Arrigo tenor Mariano Conti
Un heraldo tenor Gaetano Ferri
Cabaleiros de morte, maxistrados e líderes de Como, senadores e povo de Milán, guerreiros de Verona, Brescia, Novara, Piacenza e Milán, e o exército alemán

Argumento[editar | editar a fonte]

A acción ten lugar en Milán (actos I, III e IV) e en Como (acto II) durante o mes de maio do ano 1176.

Os soldados milaneses defenden a cidade baixo o mando de Rolando. Reencontra ao seu amigo veronés Arrigo, dado por morto durante a batalla. Arrigo atópase de novo con Lida, noutro momento a súa prometida, pero que agora, por vontade do seu pai, casou con Rolando.

Arrigo, cedendo á sorte, entra na «Compañía da Morte», o escuadrón de cabalería chamado á defensa de Carroccio, a pesar dunha carta angustiada de Lida, que tenta disuadilo.

Entrementres Rolando, que se prepara para ir ao combate, é abordado por Marcovaldo, un soldado alemán prisioneiro, que lle entrega a carta de Lida a Arrigo. A cólera de Rolando faino inclinarse pola vinganza. Sorprendendo a Lida e Arrigo en plena conversa, fai encerrar ao seu «rival» nunha torre.

Arrigo, que non pode responder á chamada do seu escuadrón e queda deshonrado, tírase dende unha fiestra ás augas do río. Mentres Lida e mulleres milanesas rezan a Deus polos soldados, Barbarroxa é derrotado na batalla de Legnano.

Entre os soldados que retornan vitoriosos, atópase Arrigo, gravemente ferido, quen, logo de ter perdoado a Lida, morre, suxeitando contra o seu corazón o estandarte de Carroccio.

Estrutura[editar | editar a fonte]

  • Sinfonia

Acto I[editar | editar a fonte]

  • 1 Introduzione
    • Coro Viva Italia! un sacro patto (Coro) Scena I
    • Scena O magnanima e prima (Arrigo) Scena I
    • Cavatina La pia materna mano (Arrigo) Scena I
    • Scena Ecco Rolando!... (Arrigo, Rolando) Scena II
    • Romanza Ah! m'abbraccia... d'esultanza (Rolando) Scena II
    • Scena Giulive trombe! (Coro, Rolando, primo e secondo console) Scena III
    • Giuramento Tutti giuriam difenderla (Arrigo, Rolando, Coro) Scena III
  • 2 Coro, Scena e Cavatina di Lida
    • Coro Plaude all'arrivo Milan dei forti (Donne) Scena IV
    • Scena Voi lo diceste, amiche (Lida) Scena IV
    • Cavatina Quante volte come un dono (Lida) Scena IV
    • Tempo di mezzo Che, signor! Tu qui? Tu stesso? (Lida, Marcovaldo, Imelda) Scena V-VI
    • Cabaletta A frenarti, o cor, nel petto (Lida, Marcovaldo, Imelda, Donne) Scena VI
  • 3 Scena e Duetto di Arrigo e Lida
    • Scena Sposa... (Oh momento!) (Rolando, Lida, Arrigo, Marcovaldo) Scena VII-VIII
    • Duetto È ver? Sei d'altri?... Ed essere (Arrigo, Lida) Scena VIII

Acto II[editar | editar a fonte]

  • 4 Coro, Scena e Duetto
    • Coro Udiste? La grande, la forte Milano (Coro) Scena I
    • Scena Invia la baldanzosa (Podestà, Rolando, Coro) Scena II-III
    • Duetto Ben vi scorgo nel sembiante (Rolando, Arrigo) Scena III
    • Finale II Favellaste acerbi detti! (Podestà, Rolando, Arrigo, Federico) Scena III-IV
    • Quartetto nel Finale II A che smarriti e pallidi (Federico, Podestà, Rolando, Arrigo) Scena IV
    • Scena nel Finale II Le mie possenti armate (Federico, Rolando, Arrigo, Coro) Scena IV
    • Stretta del Finale II Il destino d'Italia son io! (Federico, Rolando, Arrigo, Podestà, Coro) Scena IV

Acto III[editar | editar a fonte]

  • 5 Coro, Recitativo e Giuramento
    • Coro d'Introduzione Fra queste dense tenebre (Cavalieri) Scena I
    • Recitativo Campioni della Morte, un altro labbro (Arrigo, Cavalieri) Scena II
    • Giuramento Giuriam d'Italia por fine ai danni (Arrigo, Cavalieri) Scena II
  • 6 Scena e Duetto di Rolando e Lida
    • Scena Lida, Lida?... Ove corri? (Imelda, Lida, Rolando) Scena III-IV
    • Duetto Digli ch'è sangue italico (Rolando, Lida) Scena IV
  • 7 Scena e Aria di Rolando
    • Scena Tu m'appellavi... (Arrigo, Rolando) Scena V
    • Aria Se al nuovo dì pugnando (Rolando, Arrigo) Scena V
    • Tempo di mezzo A me lo giura. (Rolando, Marcovaldo) Scena V-VI
    • Cabaletta Ahi! scellerate alme d'inferno (Rolando) Scena VI
  • 8 Scena, Terzetto e Finale III
    • Scena Regna la notte ancor (Arrigo, Lida, Rolando) Scena VII-VIII-IX-X
    • Terzetto Vendetta d'un momento (Rolando, Arrigo, Lida) Scena X
    • Tempo di mezzo Le trombe i prodi appellano... (Rolando, Arrigo, Lida) Scena X
    • Stretta del Finale III Ah! Rolando!... Il ciel ne attesto (Arrigo, Lida) Scena X

Acto IV[editar | editar a fonte]

  • 9 Preghiera
    • Coro Deus meus, pone illos ut rotam (Coro interno) Scena I
    • Preghiera O tu che dèsti il fulmine (Popolo, Lida) Scena I
  • 10 Finale ultimo
    • Scena Popol, gioisci! (Secondo console, Imelda, Lida) Scena II
    • Inno di vittoria Dall'Alpi a Cariddi (Coro, Imelda, Lida) Scena II
    • Scena Qual mesto suon! (Lida, Imelda, Popolo, Arrigo) Scena II
    • Terzettino Per la salvata Italia... (Arrigo, Lida, Rolando, Coro) Scena III-IV

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Stamatov, Peter, "Interpretive Activism and the Political Uses of Verdi's Operas in the 1840s" (June 2002). American Sociological Review, 67 (3): pp. 345-366.
  2. Lista de cantantes tomada de Budden, p. 388.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]