Simon Boccanegra
Simon Boccanegra Simón Boccanegra | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 3 actos cun prólogo |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | F.M.Piave e posteriormente A. Boito |
Fontes literarias | Baseado no drama Simón Bocanegra, de Antonio García Gutiérrez (1843) |
Estrea | 24 de marzo de 1857 24 de marzo de 1881 (2ª versión)[1] |
Teatro da estrea | La Fenice Teatro alla Scala (2ª versión) |
Lugar da estrea | Venecia Milán (2ª versión) |
Duración | 2 horas 15 minutos[2] |
Música | |
Compositor | Giuseppe Verdi |
Personaxes | |
Simon Boccanegra é unha ópera cun prólogo e tres actos, con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave, Giuseppe Montanelli e Arrigo Boito (responsable da revisión), baseado nunha obra teatral homónima de Antonio García Gutiérrez. A versión orixinal foi estreada en Teatro La Fenice de Venecia o 12 de marzo de 1857. Debido ás dificultades coa trama orixinal, presentouse unha versión revisada, con trocos de Arrigo Boito, no Teatro alla Scala de Milán o 24 de marzo de 1881. Esta é a versión, coa súa escena da Cámara do Consello como final do Acto I, que normalmente se representa na actualidade.
Esta ópera segue no repertorio, aínda que non está entre as máis representadas; nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece no posto n.º 70 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 28.ª en Italia e a décimo terceira de Verdi, con 56 representacións.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea 12 de marzo de 1857[3] (Director: — ) |
Versión revisada Elenco na estrea 24 de marzo de 1881[3] (Director: Franco Faccio)[4] |
---|---|---|---|
Simon Boccanegra, un corsario, máis tarde primeiro dogo de Xénova | barítono | Leone Giraldoni | Victor Maurel |
Maria Boccanegra, súa filla, coñecida como Amelia Grimaldi | soprano | Luigia Bendazzi | Anna d'Angeri |
Jacopo Fiesco, un nobre xenovés, coñecido como Andrea Grimaldi | baixo | Giuseppe Echeverria | Edouard de Reszke |
Gabriele Adorno, un cabaleiro xenovés | tenor | Carlo Negrini | Francesco Tamagno |
Paolo Albiani, un xoieiro e o cortesán favorito do dogo | barítono | Giacomo Vercellini | Federico Salvati |
Pietro, un líder popular xenovés e cortesán | baixo | Andrea Bellini | Giovanni Bianco |
Capitán dos arqueiros | tenor | Angelo Fiorentini | |
Doncella de Amelia | mezzosoprano | Fernanda Capelli | |
Soldados, mariñeiros, pobo, senadores, a corte do Dogo, prisioneiros – Coro |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Guía visual de la Ópera, Espasa.
- ↑ Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en castelán) (1ª ed.). Espasa Calpe, S.A. p. 179. ISBN 978-84-670-2605-4.
- ↑ 3,0 3,1 Lista de cantantes tomada de Budden, Julian: The Operas of Verdi (Cassell), vol 2, p. 244.
- ↑ Budden, Julian: The Operas of Verdi (Cassell), vol 2, p. 267
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |