Il corsaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Il corsaro
O corsario
FormaÓpera
Actos e escenas3 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaFrancesco Maria Piave
Fontes literariasLord Byron: The Corsaire.
Estrea25 de outubro de 1848
Teatro da estreaTeatro Grande
Lugar da estreaTrieste
Duración2 horas
Música
CompositorGiuseppe Verdi
Personaxes

Corrado (tenor)
Medora (soprano)
Pasha Seid (barítono)
Gulnara (soprano)
Giovanni (baixo
Aga Selimo (tenor)
Un eunuco negro (tenor)
Escravo (tenor)

Il corsaro (en galego O corsario) é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave, baseado no poema The Corsair de Lord Byron. Foi estreada o 25 de outubro de 1848 no Teatro Grande de Trieste baixo a batuta de Luigi Ricci.

O compositor expresou o seu interese polo poema de Byron The Corsaire xa no ano 1844, mais pasaron varios anos antes de que chegase a compoñer a ópera, traballando cun libreto de Francesco Maria Piave. Mentres tanto, Verdi viuse no medio dunha loita entre dous editores que pelexaban pola súa obra. Il corsaro foi escrita para o editor que perdeu esa batalla —polo menos aos ollos do compositor— e Verdi pode ter estado ansioso de superalo. En calquera dos casos, cando finalizou a partitura en 1848 e a entregou ao editor, aparentemente non tiña idea de cando ou onde se estrearía. Cando se estreou no Teatro Grande (actualmente Teatro Verdi de Trieste máis tarde aquel ano, Verdi non atendeu a estrea. Pode que soubera exactamente o que estaba a facer. Ao final, resultou que a ópera foi mal recibida —algo insólito en Verdi-. Pronto caeu no esquecemento.[1]

Il corsaro é unha das obras menos coñecidas de Verdi, e nela presenta moitos elementos propios do romanticismo. Os protagonistas son dúas parellas: por unha banda Corrado e a súa amada Medora, e pola outra o pachá otomán Seid e a súa escrava favorita Gulnara. Trátase dunha obra con moitos momentos de gran beleza e lirismo. Esta ópera rara vez se representa na actualidade; nas estatísticas de Operabase aparece con só 4 representacións no período 2005-2010.

Segundo o propio Verdi: "Ha de verse Il corsaro con perspectiva, xa que é unha obra de transición na que apuntaba cousas que logo desenvolvería en La traviata e Otello".

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 25 de outubro de 1848[2]
(Director: Luigi Ricci[3])
Corrado, capitán dos piratas tenor Gaetano Fraschini
Medora, xove amante de Corrado soprano Carolina Volpini
Pasha Seid, pachá de Coron barítono Achille De Bassini
Gulnara, escrava favorita de Seid soprano Marianna Barbieri-Nini
Giovanni, un pirata baixo Giovanni Volpini
Aga Selimo, oficial do pachá tenor Giovanni Petrovich
Un eunuco negro tenor Francesco Cucchiari
Escravo tenor Stefano Albanassich

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The World of Opera"
  2. Lista de cantantes tomada de Budden, p. 362.
  3. Zucker, Stefan Arquivado 17 de decembro de 2005 en Wayback Machine. en belcantosociety.org]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.