Un giorno di regno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un giorno di regno, ossia il finto Stanislao
Un día de reinado, ou o falso Estanislau
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaFelice Romani
Fontes literariasbaseada na obra Le faux Stanislas, de Alexandre Vincent Pineu-Duval
Estrea5 de setembro de 1840
Teatro da estreaTeatro alla Scala
Lugar da estreaMilán
Duración2 horas
Música
CompositorGiuseppe Verdi
Localización da partituraArchivio Storico Ricordi, Milán
Personaxes

Caballero Belfiore (barítono)
Barón de Kelbar (baixo)
Marquesa de Poggio (soprano)
Julieta de Kelbar (mezzosoprano)
Eduardo de Sanval (tenor)
Sr. Rocca (baixo)
Conde Ivrea (tenor)
Delmonte (baixo)

Un giorno di regno, ossia il finto Stanislao (en galego Un día de reinado, ou o falso Estanislau) é unha ópera cómica en dous actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Felice Romani baseado na obra de Alexandre Vincent Pineu-Duval, Le faux Stanislas. A ópera foi estreada o 5 de setembro de 1840 no Teatro alla Scala de Milán.

Trátase da segunda ópera de Verdi e a primeira ópera cómica das dúas que compuxo ao longo da súa vida do compositor italiano. A ópera resultou un completo fracaso, ao que contribuíu a súa propia traxedia: a súa primeira dona Margherita Barezzi morreu durante a composición da obra. Verdi non tentou compoñer outra ópera cómica ata o final da súa carreira, con Falstaff.

Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase[1] con só 6 representacións para o período 2005-2010.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 5 de setembro de 1840
(Director: -)
Caballero Belfiore, falso rei Estanislau I Leszczynski de Polonia barítono Raffaele Ferlotti
Barón de Kelbar baixo Raffaele Scalese
Marquesa de Poggio, amante de Belfiore soprano Antonietta Marini-Rainieri
Julieta de Kelbar, filla do Barón de Kelbar mezzosoprano Luigia Abbadia
Eduardo de Sanval, amante de Julieta tenor Lorenzo Salvi
Sr. Rocca, tesoureiro de Bretaña baixo Agostino Rovere
Conde Ivrea, prometido da Marquesa de Poggio tenor Giuseppe Vaschetti
Delmonte, sirviente do falso Stanislao baixo Napoleone Marconi

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Operabase Arquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.