I Lombardi alla prima crociata
| I Lombardi alla prima crociata Os lombardos na primeira cruzada | |
|---|---|
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 4 actos cun preludio |
| Idioma orixinal do libreto | Italiano |
| Libretista | Temistocle Solera |
| Fontes literarias | Baseada no poema homónimo de Tommaso Grossi. |
| Estrea | 11 de febreiro de 1843 |
| Teatro da estrea | Teatro alla Scala |
| Lugar da estrea | Milán |
| Duración | 2 horas 20 minutos |
| Música | |
| Compositor | Giuseppe Verdi |
| Localización da partitura | Archivio Storico Ricordi, Milán |
| Personaxes | |
I Lombardi alla prima crociata (en galego Os lombardos na primeira cruzada) é un drama lírico operístico nun preludio e catro actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Temistocle Solera, baseado no poema homónimo publicado en 1826 por Tommaso Grossi. A súa estrea tivo lugar no Teatro alla Scala de Milán o 11 de febreiro de 1843, obtendo un grande éxito. Verdi adicoulle a partitura a María Luisa, a duquesa Habsburgo de Parma, quen morreu unhas poucas semanas despois da estrea. En 1847 foi revisada para a súa estrea en París, baixo o título Jérusalem.
Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. con só 5 representacións no período 2005-2010.
Personaxes
[editar | editar a fonte]| Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 11 de febreiro de 1843[1] (Director: Eugenio Cavallini, primeiro violín[2]) |
|---|---|---|
| Arvino, fillo de Lord Folco | tenor | Giovanni Severi |
| Pagán/ermitán, fillo de Lord Folco | baixo | Prosper Dérivis |
| Viclinda, dona de Arvino | soprano | Teresa Ruggeri |
| Giselda, filla de Arvino | soprano | Erminia Frezzolini |
| Oronte, fillo de Acciano | tenor | Carlo Guasco |
| Acciano, tirano de Antioquía | tenor | Luigi Vairo |
| Sofia, dona de Acciano | soprano | Amalia Gandaglia |
| Pirro, cabaleiro de Arvino | baixo | Gaetano Rossi |
| Un prior da cidade de Milán | tenor | Napoleone Marconi |
| Milaneses, gardas do pazo, cruzados, peregriños, monxas, asasinos, mulleres do harén, guerreiros - Coro | ||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lista de cantantes tomada de Budden, Vol. 1, p. 114
- ↑ "Almanacco (en italiano)". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2016. Consultado o 15 de febreiro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
