Ernani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Ernani
Verdi Ernani libretto German.jpg
Portada dunha edición alemá de 1890.
FormaÓpera
Actos e escenas4 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaFrancesco Maria Piave
Fontes literariasAdaptación da peza teatral de Victor Hugo Hernani
Estrea9 de marzo de 1844
Teatro da estreaTeatro La Fenice
Lugar da estreaVenecia
Duración2 horas 15 minutos
Música
CompositorGiuseppe Verdi
Personaxes

Ernani (tenor)
Don Carlo (barítono)
Don Ruy Gomez de Silva (baixo)
Elvira (soprano)
Giovanna (mezzosoprano)
Don Ricardo (tenor)
Jago (baixo)

Ernani é unha ópera en catro actos con música de Giuseppe Verdi sobre un libreto en italiano de Francesco Maria Piave, baseada na peza teatral Hernani de Victor Hugo, obra que introducira o Romanticismo en París derrotando as convencións do teatro clásico francés. Foi estreada o 9 de marzo de 1844 no Teatro La Fenice de Venecia. Esta ópera tivo éxito dende o principio, especialmente pola súa riqueza de melodías.

Para o final da ópera, Verdi compuxo un trío que cría que melloraba o orixinal de Hugo, en canto que a acción podía desevnvolverse máis rápidamente ata acadar a súa culminación. Aquí, Ernani, Silva e Elvira se enfrontan. Silva reclama a vida de Ernani, mentres Elvira lle pide compaixón e Ernani renega do seu destino.

Esta ópera é pouco representada; nas estatísticas de Operabase aparece no posto 154 das óperas representadas no período 2005-2010, sendo a 48ª en Italia e a 16ª de Verdi, con 20 representacións nese período.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Intérpretes na estrea, 9 de marzo de 1844
(Director: -)
Ernani (noble proscrito) tenor Carlo Guasco
Elvira (prometida de Ernani) soprano Sophie Loewe
Don Carlos (Emperador Carlos V) barítono Antonio Superchi
Ruy Gomez de Silva (namorado de Elvira) baixo Antonio Selva
Giovanna (doncella de Elvira) soprano Laura Saini
Don Riccardo (escudeiro de Don Carlos) tenor Giovanni Lanner
Jago (escudeiro de Silva) baixo Andrea Bellini
Cidadáns, bandidos, sirvientes, nobles, damas etc.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.