Cidade xardín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diagrama de Ebenezer Howard, fundador do movemento de Cidade Xardín.

O movemento urbanístico das cidades xardín é unha zona urbana deseñada para unha vida saudable e de traballo. Debe ter un tamaño que faga posible unha vida social a plenitude, non debe ser moi grande, o seu crecemento será controlado e haberá un límite de poboación. Estará rodeada por un cinto vexetal e comunidades rurais en proporción de 3 a 1 respecto á superficie urbanizada. O conxunto, especialmente o chan, será de propiedade pública, ou deberá ser posuído en forma asociada pola comunidade, co fin de evitar a especulación con terreos. O concepto foi fundado por Sir Ebenezer Howard (1850-1928). Os seus conceptos sociolóxicos e urbanísticos aparecen no libro Cidades Xardín do mañá, a versión corrixida e completa do cal foi publicada en 1902.

A Garden City Association promoveu a fundación da primeira cidade xardín en Letchworth, a 55 km ó norte de Londres, nun terreo de pouco máis de 1860 ha e para unha poboación de 33 000 habitantes. Outro proxecto de cidade xardín iniciouse en 1919, en Welwyn Garden City, achegada a outra cidade chamada simplemente Welwyn, ó norte de Londres, que en 1970 tiña unha poboación de 45 000 habitantes. En ámbolos casos, a maioría dos residentes traballa nos centros industriais da localidade, e o resto, en lugares que non distan dos 15 km. Trátase de cidades integrais, non cidades dormitorio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fainstein, S; Campbell, S (2003). Blackwell, ed. Readings in planning theory. Malden, Massachusetts. .
  • Hall, P (2002). Blackwell, ed. Cities of Tomorrow (3rd ed.). Malden, Massachusetts. .

Outros artigos[editar | editar a fonte]