Saltar ao contido

La dolce vita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «La Dolce Vita»)

La dolce vita

Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticocinema de comedia e cinema dramático Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua italiana, lingua inglesa, lingua alemá e lingua francesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aFederico Fellini Editar o valor en Wikidata
Compositor/aNino Rota Editar o valor en Wikidata
GuionistaEnnio Flaiano, Tullio Pinelli, Brunello Rondi, Pier Paolo Pasolini e Federico Fellini Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaOtello Martelli Editar o valor en Wikidata
Editor/a de cineLeo Catozzo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deseñador/a produciónPiero Gherardi Editar o valor en Wikidata
Deseñador/a vestiarioPiero Gherardi Editar o valor en Wikidata
Temática
Tema principaldecadencia, multicultural society (en) Traducir, vida noturna (pt) Traducir, culture of Rome (en) Traducir, crise existencial, medio de comunicación de masas, desexo sexual e Desilusão (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ambientado enRoma Editar o valor en Wikidata
Época ambientaciónDécada de 1950 e 1960 Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeFrancia e Italia Editar o valor en Wikidata
Produtor/aGiuseppe Amato e Angelo Rizzoli Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraPathé Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aCineriz (en) Traducir e Netflix Editar o valor en Wikidata
Recadación19.500.000 $ Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración2 horas e 54 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxeRoma, Fontana di Trevi e Viale Bligny Editar o valor en Wikidata
Premios
Fontes e ligazóns
RedesIMDB: tt0053779 Filmaffinity: 357320 Allocine: 4459 Rottentomatoes: m/la_dolce_vita Allmovie: v27906 TCM: 80526 Metacritic: movie/la-dolce-vita-re-release TV.com: movies/la-dolce-vita BNE: XX4139050 Netlix: 60010561 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

La dolce vita (traducible dende o italiano como "a vida doce" ou "a boa vida")[1] é un filme italiano de 1960 dirixido e escrito por Federico Fellini que obtivo o Oscar ao mellor vestiario no 1961, sendo nomeado a catro deles, incluíndo director e guión orixinal, e a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cine de Cannes do 1960.

Estreouse subtitulado en galego o 16 de setembro de 1995 na TVG.[2]

Carente dunha trama no seu sentido tradicional e estruturada de xeito episódico, narra os acontecementos da vida de Marcello Rubini (Marcello Mastroianni), angustiado xornalista do corazón mergullado de cheo nos excesos da vida nocturna da clase alta romana e das estrelas dos medios, como a actriz Sylvia (Anita Ekberg). As desenfreadas e exuberantes esmorgas dos ricos romanos contrastan coa escena central do falso milagre da aparición da Virxe, na que moreas de xente humilde acoden desesperadas ao lugar onde se supón que se apareceu para pedirlle diversos favores, vítimas da ignorancia e do engano.

Filme profundamente pesimista, está ateigado de escenas antolóxicas, como a de Anita Ekberg dentro da Fontana di Trevi, ademais de ser unha sátira implacable da sociedade do seu tempo.

Como curiosidade pódese citar que o termo paparazzi para designar aos fotógrafos pesados e carentes de escrúpulos deriva dun personaxe do filme, Paparazzo, amigo de Marcello e que representa ese tipo de reporteiro fotográfico.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Kezich, 203
  2. Versión en galego (ed.). "La dolce vita na TVG". Consultado o 17 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]