Nico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNico

(1985) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Christa Päffgen Editar o valor em Wikidata
16 de outubro de 1938 Editar o valor em Wikidata
Colonia, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xullo de 1988 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Eivissa (España) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Acidente de bicicleta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaBerlín
Friedhof Grunewald-Forst (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesNico
Christa Nico
Nico Otzak Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónLee Strasberg Theatre and Film Institute (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , compositora , actriz de cinema , cantante , modelo , experimental musician (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá, lingua inglesa, lingua francesa, lingua castelá e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
TesituraContralto Editar o valor em Wikidata

InstrumentoHarmonio, tambori (en) Traducir e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoVerve Records
Elektra Records
Beggars Banquet Records
Island Records Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaPhilippe Garrel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosChristian Aaron Boulogne (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0630113 Allocine: 2489 Rottentomatoes: celebrity/nico_otzak Allmovie: p147867
Spotify: 0IwlY33zbBXN7zlS9DP2Cj iTunes: 136825 Last fm: Nico Musicbrainz: 37c61bf2-5fb1-47ae-9605-80025d956958 Discogs: 158676 Allmusic: mn0000868306 WikiTree: Päffgen-1 Find a Grave: 4411 Deezer: 1855 Editar o valor em Wikidata

Christa Päffgen, nada en Colonia o 16 de outubro de 1938 e finada en Eivisa o 18 de xullo de 1988, foi unha cantante, modelo e actriz alemá, máis coñecida como Nico. É célebre tanto pola súa colaboración co grupo musical The Velvet Underground como polo seu traballo como solista.

Se ben é máis coñecida polo seu traballo musical, tamén tivo algúns papeis no cinema, incluíndo unha pequena aparición no filme Federico Fellini de 1960 La Dolce Vita. Foi ademais amiga achegada e colaboradora artística de Andy Warhol, polo que tamén actuou en varios dos seus filmes de arte experimental, especialmente en Chelsea Girls, que a inspirou para titular así o seu álbum de debut, Chelsea Girl.

Nico foi así mesmo asociada coa retórica nazi, antisemita e racista. Segundo Danny Fields, un recoñecido xornlista de Elektra Records, Nico atacou unha muller de raza negra berrando "odio a xente negra" logo de lanzalle unha copa de viño.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nico naceu o 16 de outubro de 1938 en Colonia. O seu pai, de profesión ferroviario, faleceu nun campo de concentración durante a segunda guerra mundial. Ao finalizar a guerra e dividirse Berlín, Nico e a súa nai quedaron no sector estadounidense, onde Nico realizou traballos como modista, os que axiña deixou para dedicarse a ser modelo. Durante unha visita de traballo a España, coñeceu un fotógrafo que mantivera unha relación con outro home de orixe grega e que se chamaba Nico Papatakis. Devandito fotógrafo comezou a chamar a moza Nico en honor a esta relación pasada súa e ela acabou por adoptalo como nome artístico. Outras fontes, non obstante, sinalan ao marido de Anouk Aimée, co que tivo unha relación sentimental frustrada durante a súa estadía en París, como o referente.

Despois de interpretar varias cancións no mítico disco The Velvet Underground & Nico, de The Velvet Underground, e compartir escenario cos seus compoñentes no vangardista espectáculo de rock "The Exploding Plastic Inevitable", organizado por Warhol e outros membros de The Factory, iniciou unha carreira musical en solitario. O seu primeiro álbum foi un disco pop títulado Chelsea Girl e nel colaboraron entre outros Lou Reed, John Cale e Jackson Browne. Despois de non obter o éxito esperado, proseguiu o seu camiño adentrándose en territorios máis escuros e experimentais, apadriñada fundamentalmente dende The Marble Index por John Cale na composición e produción dos seus discos, e recibindo a axuda e colaboración puntual doutros artistas como Brian Eno en The End.

Tras aparecer en varios anuncios televisivos, Nico obtivo un conciso papel no filme La tempesta de Alberto Lattuada, así como no filme de Rudolph Maté For the First Time en que aparecía xunto a Mario Lanza. En 1959 uniuse unió ao elenco do filme de Federico Fellini La Dolce Vita. Nesa época mudouse a Nova York, onde tomou clases de interpretación con Lee Strasberg e onde coñeceu a Jim Morrison. Repartía o seu tempo entre as cidades de Nova York e París. Nesta última protagonizou o filme Strip-Tease, de Jacques Poitrenaud. Serge Gainsbourg produciu o tema musical que Nico gravou para o filme, que cantou en francés e que non foi finalmente editado nese momento, xa que se escolleu a versión de Juliette Gréco. A vinculación de Nico con París foi extraordinariamente importante durante a década de 1970, xa que alí tivo lugar a súa longa relación co cineasta underground Philippe Garrel. Xuntos fixeron sete filmes, entre eles, La cicatrice intérieure. Garrel relatou logo emocionado as noites en que ambos subían á cuberta da Ópera de París, onde rodaban durante horas imaxes sen argumento cunha cámara de man. O seu filme J'entends plus la guitare está dedicada á cantante. En 1963 naceu o seu único fillo, Ari, froito da relación amorosa co actor e empresario Alain Delon.

Nico faleceu en Eivisa en 1988. Cando estaba de paseo en bicicleta co seu fillo sufriu un pequeno ataque ao corazón, caendo e golpeándose na cabeza. Un taxista que pasaba levouna a un hospital próximo onde tivo dificultades para ser atendida. Unha vez no hospital foi diagnosticada erroneamente cunha insolación e faleceu o día seguinte dun derramo cerebral. Foi incinerada e as súas cinzas sepultadas xunto á súa nai, Margaret Päffgen, en Berlín. Ao seu arredor, uns poucos amigos despedírona cunha cinta en que soaron cancións dela.

Vida privada[editar | editar a fonte]

Nico falaba inglés, castelán, francés, alemán e italiano.

Estaba emparentada con Hermann Päffgen, quen fundou a fábrica de cervexa Päffgen en 1883 en Colonia. Nico era xorda dun oído, o que frecuentemente lle daba problemas para escoitar o que lle dicían, así como equivocarse nalgunha nota no piano.

Discografía[editar | editar a fonte]

Datos de The Great Rock Discography[2]

Álbums en solitario[editar | editar a fonte]

Ano Título
1967 Chelsea Girl
1968 The Marble Index
1970 Desertshore
1974 The End...
1981 Drama of Exile
1985 Camera Obscura

Álbums en colaboración[editar | editar a fonte]

Ano Título
1967 The Velvet Underground & Nico (Estados Unidos n.º 129, Reino Unido n.º 59, Irlanda n.º 56, Italia n.º 76)

Álbums en directo[editar | editar a fonte]

Ano Título
1972 Le Bataclan '72 (Con John Cale e Lou Reed)
1974 June 1, 1974
1982 Do or Die: Nico in Europe (Gravacións en directo da xira europea de 1982)
1983 Live in Denmark (pistas 01-09 gravadas en directo o 6 de outubro de 1982 no Club Paramount, Eriksvej 40, Roskilde, Dinamarca)[3]
1985 Nico Live in Pécs
1986 Behind the Iron Curtain
1987 Nico in Tokyo (pistas 01-11 gravadas en directo o 11 de abril de 1986 en Toquio)[4]
1988 Fata Morgana (último concerto de Nico: 6 de xuño de 1988, Planetarium der Wilhelm-Foerster-Sternwarte, Berlín)
1990 Hanging Gardens
1992 Chelsea Girl / Live (gravado en directo en xuño de 1985, auditorio do conello de Chelsea)[5][6]
1994 Heroine
2003 Femme Fatale: The Aura Anthology (Drama of Exile expandido, mais un disco en directo)
2004 Nico: All Tomorrow's Parties (pistas 05-11 gravadas en directo o 11 de abril de 1986 en Toquio)[7]
2007 All Tomorrow's Parties (álbum dobre en directo)
2012 Reims Cathedral – 13 December 1974[8]

Álbums recompilatorios[editar | editar a fonte]

Ano Título
1986 Live Heroes
1998 Nico: The Classic Years
2002 Innocent & Vain – An Introduction to Nico. (Pistas de The Velvet Underground & Nico, Chelsea Girl e The End....)
2003 Femme Fatale – The Aura Anthology. (Nova edición de Drama of Exile con bonus tracks e Live at Chelsea Town Hall 9.8.85.)
2007 The Frozen Borderline – 1968–1970. (The Marble Index e Desertshore publicados con bonus tracks.)

Publicacións non oficiais[editar | editar a fonte]

En 2002, Faust Records publicou dúas coleccións de escuras gravacións de Nico, Reich der Träume e Walpurgis-Nacht.[9][10]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Ano Título
1965 "I'm Not Sayin'" / "The Last Mile"
1981 "Vegas" / "Saeta" – Flicknife Records FLS 206
1982 "Procession" / "All Tomorrow's Parties" (gravado con the Invisible Girls e Martin Hannett)
1983 "Heroes" / "One More Chance"
1985 "My Funny Valentine" / "My Heart Is Empty"

Filmes e obras sobre Nico[editar | editar a fonte]

  • Nico – In Memoriam (1988), documental dirixido por Bernd Gaul
  • Nico Icon (1995), documental dirixido por Susanne Ofteringer
  • Nico Icon Play, obra teatral de Stella Grundy, estreada en Studio Salford o 5 de setembro de 2007
  • Nico. Sphinx aus Eis (2005), de Werner Fritsch
  • Nico, 1988 (2018), dirixido por Susanna Nicchiarelli coa actriz Trine Dyrholm como Nico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Reynolds, Simon (16 de marzo de 2007). "From the Velvets to the void". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  2. Strong, Martin C. (2000). The Great Rock Discography (5th ed.). Edimburgo: Mojo Books. pp. 696–697. ISBN 1-84195-017-3. 
  3. "Live In Denmark". Discogs. Consultado o 27 de maio de 2018. 
  4. "Nico Live In Tokyo". Discogs. Consultado o 27 de maio de 2018. 
  5. "Chelsea Live". Discogs. Consultado o 27 de maio de 2018. 
  6. "Chelsea Girl / Live". Discogs. Consultado o 27 de maio de 2018. 
  7. "All Tomorrow's Parties". Discogs. Consultado o 27 de maio de 2018. 
  8. "Reims Cathedral – December 13th, 1974". Discogs. Consultado o 27 de maio de 2018. 
  9. "Reich Der Träume". Allmusic. Consultado o 27 de maio de 2018. 
  10. "Walpurgis-Nacht". Allmusic. Consultado o 27 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Nico: The Life and Lies of an Icon por Richard Witts (Virgin Books: Londres , 1992).
  • Up-tight: the Velvet Underground Story por Victor Bockris e Gerard Malanga (Omnibus Press: Londres, 1995 reimpresión).
  • Songs They Never Play on the Radio: Nico, the Last Bohemian por James Young, Bloomsbury, Londres 1992 ISBN 0-7475-1194-2
  • Nico: Photographies by Antoine Giacomoni, (Dragoon: París, 2002).
  • Nico: Cible mouvante. Chansons, Poèmes, Journal por Nico, Jacques Pauvert e Ari Boulogne, (Pauvert: París, 2001).
  • L'amour n'oublie jamais por Ari Boulogne, (Pauvert: París, 2001).
  • Please Kill Me: The Uncensored Oral History of Punk por Legs McNeil e Gillian Mccain, (Grove Press: Nova York, 1996).
  • Lüül: Ein Musikerleben zwischen Agitation Free, Ashra, Nico, der Neuen Deutschen Welle und den 17 Hippies por Lutz Ulbrich (Schwarzkopf & Schwarzkopf: Berlín, 2007).
  • Nico - In The Shadow Of The Moon Goddess por Lutz Graf-Ulbrich, libro electrónico, Amazon Digital Services, 2015.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]