Saltar ao contido

Partido Comunista Alemán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Partido Comunista Alemán
Logotipo
Imaxe
 Nome orixinal
Deutsche Kommunistische Partei (de) Editar o valor en Wikidata
 Ideoloxía política
 Posición política
Implicados
 Presidente/a
Patrik Köbele (pt) Traducir 2013
Bettina Jürgensen 2010 - 2013
Heinz Stehr 1990 - 2010
Herbert Mies (pt) Traducir 1973 - 1990
Kurt Bachmann 1969 - 1973 Editar o valor en Wikidata
Membros3500 (2013) Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Órgano de prensa
 Organización xuvenil
Datas
 Fundación / creación
1968 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Precedido por
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Identificadores
VIAF150063008 Editar o valor en Wikidata
ISNI000000012183669X Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01yscb Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: dkppv Twitter: partei_dkp Instagram: kommunistischepartei Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Partido Comunista Alemán (DKP, en alemán: Deutsche Kommunistische Partei) é un partido comunista marxista-leninista fundado na Alemaña Occidental en 1968 como substituto do Partido Comunista de Alemaña (KPD), ilegalizado polo Tribunal Federal en 1956.

O DKP foi fundado na Alemaña Occidental (RFA) en 1968 co fin de ocupar o espazo político deixado polo Partido Comunista de Alemaña despois da súa ilegalización polo Tribunal Constitucional Federal en 1956. Durante a guerra fría, o DKP recibía a maior parte dos seus fondos do Partido Socialista Unificado de Alemaña (SED), que detentaba o poder na Alemaña Oriental desde o fin da segunda guerra mundial. Após a reunificación, o DKP entrou nunha época de decadencia, perdendo apoio popular e militantes até unha décima parte dos que tiña na época anterior á unificación. Un gran número de militantes do partido abandonárono para unirse ao Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD), nado naquela época como sucesor do SED.

Actualidade

[editar | editar a fonte]

O DKP é hoxe un partido minoritario. Canto á súa filiación internacional, fai parte, como membro, da Esquerda Anticapitalista Europea e, en calidade de observador, do Partido da Esquerda Europea. Mantén, por outra banda, un semanario afín, o unsere Zeit. En 2005, o seu líder Heinz Stehr pediu o voto para a coalición Die Linkspartei, formada polos excomunistas da Alemaña Oriental (PDS) e a escisión do SPD liderada por Oskar Lafontaine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]