Kolmanskop

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Kolmanskop
Kolmanskop
Kolmanskop Ghost Town.jpg
vista aérea de Kolmanskop
Localización
Kolmanskop en Namibia
Kolmanskop
Kolmanskop
PaísNamibia Namibia
RexiónKaras

Kolmanskop (Afrikaans, alemán: Kolmannskuppe) é unha cidade pantasma no Deserto do Namib no sur de Namibia, a dez quilómetros no interior da cidade portuaria de Lüderitz. Leva o nome dun condutor de transporte chamado Johnny Coleman que, durante unha tormenta de area, abandonou o seu carro de bois nunha pequena inclinación fronte ao asentamento.[1] Foi nunha época unha pequena pero moi rica vila mineira, agora é un destino turístico dirixido pola empresa conxunta Namibia - De Beers.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1908, o traballador Zacharias Lewala atopou un diamante mentres traballaba nesta área e mostrouno ao seu supervisor, o inspector ferroviario alemán August Stauch. Dado que a zona era rica en diamantes, os mineiros alemáns comezaron a asentarse e pouco despois o Imperio Alemán declarou unha gran área como Sperrgebiet, comezando a explotar o xacemento de diamantes.[2]

Impulsados ​​pola enorme riqueza dos primeiros mineiros de diamantes, os residentes construíron a vila no estilo arquitectónico dunha cidade de Alemaña, con servizos e institucións que incluían un hospital, sala de festas, central eléctrica, escola, pista de birlos, teatro e pavillón de deportes, casino, fábrica de xeo e o primeiro equipamento de Raios X do hemisferio sur, así como o primeiro tranvía de África. Tiña un enlace ferroviario a Lüderitz. As radiografías non se facián por motivos médicos, senón para controlar que ninghún traballador se tragara un diamante para roubalo.

A cidade comezou a declinar despois da Segunda Guerra Mundial cando os diamantes comezaron a esgotarse lentamente. A principios dos anos 50, a zona estaba en declive. O descubrimento en 1928 dos depósitos máis ricos de diamantes nunca coñecidos, nas terrazas da praia a 270 km ao sur de Kolmanskop, preto do río Orange acelerou a desaparición da cidade. Moitos dos habitantes da cidade marcharon, cara ao sur, ao novo descubrimento, deixando as súas casas e posesións atrás. No novo xacemento de diamantes unicamente era necesario explorar as praias, fronte a unha explotación máis difícil en Kolmaskop. A cidade abandonouse en 1956. A forza xeolóxica do deserto provocou que a día de hoxe os turistas camiñen a través de casas enterradas na area. Kolmanskop é moi popular entre os fotógrafos polos seus escenarios nos que a area do deserto reclama esta cidade que unha vez foi próspera e no que o clima árido conserva a arquitectura eduardiana tradicional da zona. Debido á súa situación dentro da área restrinxida (Sperrgebiet) do deserto de Namib, os turistas necesitan un permiso para entrar na cidade.

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

  • Kolmanskop foi usado como localización para a serie de TV de Suráfrica O proxecto Mantis (1985). Dirixida por Manie van Rensburg, producida por Paul Kemp, escrita por John Cundill, e protagonizada por Marius Weyers e Sandra Prinsloo.
  • A cidade empregouse como unha das localizacións da película de 1993 Dust Devil.
  • A película de 2000 The King Is Alive rodouse en Kolmanskop, coa cidade utilizada como escenario principal da película.[3]
  • A cidade apareceu nun episodio de 2010 de Life After People. O episodio centrouse nos efectos do vento e da area nos distintos edificios abatidos e amosou salas cheas de area.
  • A cidade empregouse como unha das localizacións da película de 1994 Lunarcop.
  • A cidade usouse no primeiro episodio da serie da BBC Wonders of the Univers para axudar a explicar a entropía e o seu efecto no tempo.
  • A serie de televisión Destination Truth nun dos seus episodios investigou a Kolmanskop, que se rumoreaba que estaba embruxada.
  • Tim Walker fotografou a Agyness Deyn en Kolmanskop, Namibia para Vogue Reino Unido en maio de 2011.
  • A película non narrativa de 2011 Samsara presenta fotogramas rodadas en Kolmanskop.[4]
  • Presentada en 2011 na Tempada 1, Episodio 2 Namibia / Bodie do programa de televisión "Forgotten Planet"
  • A portada do cuarto álbum de Tame Impala, The Slow Rush e os seus sinxelos fotografáronse en Kolmanskop por Neil Krug.[5]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Referencias
  1. "Kolmanskop". Namibia Travel Companion 2013. Namibia Travel Companion. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2013. Consultado o 11 de novembro de 2013. 
  2. Schneider, G. (2008). Treasures of the Diamond Coast. Windhoek: MacMillan Education. ISBN 978-99916-0-968-3. 
  3. The King Is Alive, IMDb
  4. SAMSARA LOCATION LIST[Ligazón morta], Cincinnati World Cinema
  5. Faulkner, Noelle (19 de xaneirode 2020). "Tame Impala's Kevin Parker Is Finally Ready To Embrace Fame". GQ Australia. Consultado o 19 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Coordenadas: 26°42′S 15°14′L / -26.700, -15.233