Darius Songaila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Darius Songaila
Darius Songaila.jpg
BC Lietuvos Rytas – No. 25
Ala-pivote/Pivote
Información persoal
Nacemento 14 de febreiro de 1978 (35 anos)
Flag of the Soviet Union.svg Kapsukas, RSS de Lituania, Unión Soviética
Nacionalidade Flag of Lithuania.svg Lituania
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso 93 kg (205 lb)
Información da carreira
Universidade Wake Forest (1998–2002)
NBA Draft 2002 / Rolda: 2 / Elección: 50

Escollido por Boston Celtics

Carreira dende 2002
Historial de equipos

Darius Songaila, nado o 14 de febreiro de 1978 en Kapsukas, RSS de Lituania, Unión Soviética, é un xogador lituano de baloncesto profesional que xoga no BC Lietuvos Rytas da Lietuvos Krepšinio Lyga. É ademais membro da selección lituana de baloncesto.

NBA[editar | editar a fonte]

Songaila foi seleccionado na 50ª posición do Draft da NBA de 2002 polos Boston Celtics, quenes traspasaron os seus dereitos aos Sacramento Kings.[1]

Xogou no CSKA Moscova na tempada 2002-03, onde gañou a Superliga de baloncesto de Rusia.

Songaila fichou polos Sacramento Kings en xuño de 2003. Fixo 6.1 puntos e 3.7 rebotes en 154 partidos (28 de titular) cos Kings en dúas tempadas.

Songaila asinou un acordo por un ano cos Chicago Bulls en setembro de [[2005]. Tivo a tempada máis exitosa da súa carreira cos Bulls, onde acadou 9.2 puntos e 4.0 rebotes en 62 partidos, 7 deles coma titular. Con todo, sufriu unha lesión no nocello en marzo de 2006 e perdeuse os últimos 20 partidos.

O 17 de xullo de 2006, Songaila fichou polos Washington Wizards. O acordo foi de 5 anos cun valor de 23 millóns de dólares.[2] Perdeuse os primeiros 45 partidos tras a operación dunha hernia discal, e fixo 7.6 puntos e 3.6 rebotes en 37 partidos.

Finalmente, Songaila se convertiría nunha gran opción no banco dos Wizards e un titular ocasional. Acadou 6.2 puntos e 3.4 rebotes na tempada 2007-08. Ao remate da tempada 2008-09, Songaila convertiuse en titular debido ás lesións dos seus compañeiros Brendan Haywood e Andray Blatche. Xogou de inicio en 29 partidos, facendo 7.4 puntos e capturando 2.9 rebotes.

O 23 de xuño de 2009, foi traspasado aos Minnesota Timberwolves xunto a Oleksiy Pecherov, Etan Thomas, e unha elección de primeira rolda do Draft, a cambio de Randy Foye e Mike Miller.[3]

O 9 de setembro de 2009, foi traspasado aos New Orleans Hornets xunto con Bobby Brown, a cambio de Antonio Daniels e unha elección da segunda rolda do Draft de 2014.[4]

O 23 de setembro de 2010, foi traspasado aos Philadelphia 76ers xunto ao ala-pivote rookie Craig Brackins a cambio de Willie Green e Jason Smith.[5]

En xullo de 2011, asinou un contrato dun ano co Galatasaray da liga turca.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]