Primeira División de Venezuela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primeira División de Venezuela
Fundación1957
Rexión Venezuela
Equipos18
Actual campiónD.Táchira (7º título)
Máis laureadoCaracas FC (11)
Sitio webPáxina oficial

O Primeira División de Venezuela é a competición de máximo nivel da liga profesional de fútbol que se disputa en Venezuela, organizada pola Federación Venezolana de Fútbol. Recibe o nome de Primeira División de Venezuela - Copa Movilnet por mor do seu patrocinador principal.

Aínda que existía un campionato nacional afeccionado en Venezuela dende 1921, o actual campionato profesional naceu en 1957. Nos seus comezos foi un torneo de rivalidade entre as distintas comunidades de inmigrantes, representadas por clubs como Club Deportivo Portugués, Club Deportivo Español, Deportivo Vasco, Deportivo Italia, Catalonia, Deportivo Galicia, Unión Deportiva Canarias ou Deportivo Celta. A partir dos anos 60 participaron equipos de fóra de Caracas, sendo o Lara Fútbol Club o primeiro en acadar o título de campión en 1965.

Malia non ser un torneo poderoso dentro da Conmebol, o nivel dos seus clubs ten medrado dende comezos dos anos 90. Os clubs máis laureados na historia do campionato son o Caracas Fútbol Club (11 títulos) e o Deportivo Táchira (7 títulos), seguidos de varios clubs con 5 e 4 títulos. O primeiro campión foi o Universidad Central, mentres que o campión actual é o Deportivo Táchira.

Na actualidade 18 equipos disputan 2 torneos, Apertura e Clausura. O torneo Apertura dispútase na segunda metade do ano, mentres que o torneo Clausura dispútase na primeira metade do seguinte ano. Os dous gañadores disputan unha final ó remate da tempada para definir cal é o campión nacional.

Equipos 2012[editar | editar a fonte]

Estadio Polideportivo Cachamay..

Os seguintes 18 equipos disputaron o torneo Apertura 2011 e competirán polo torneo Clausura 2012 e polo título de campión en 2012:

Equipo Cidade Fundación Estadio Capacidade
Aragua Fútbol Club Maracay 20 de agosto de 2002 Hermanos Ghersi Páez 16.000
Atlético El Vigía Fútbol Club El Vigía 31 de outubro de 1987 Ramón Hernández 12.000
Carabobo Fútbol Club Valencia 24 de setembro de 1964 Misael Delgado 10.000
Caracas Fútbol Club Caracas 5 de xuño de 1967 Olímpico de la UCV 21.900
Club Deportivo Lara Cabudare 2006 Metropolitano de Lara 45.312
Club Deportivo Mineros de Guayana Ciudad Guayana 20 de novembro de 1981 Cachamay 42.000
Deportivo Anzoátegui Sport Club Puerto La Cruz 9 de novembro de 2002 José Antonio Anzoátegui 40.000
Deportivo Petare Caracas 18 de agosto de 1948 Olímpico de la UCV 21.900
Deportivo Táchira Fútbol Club San Cristóbal 11 de xaneiro de 1974 Polideportivo Pueblo Nuevo 42.000
Estudiantes de Mérida Fútbol Club Mérida 4 de abril de 1971 Metropolitano de Mérida 42.500
Llaneros de Guanare Fútbol Club Guanare 26 de agosto de 1984 Rafael Calles Pinto 13.000
Monagas Sport Club Maturín 23 de setembro de 1987 Monumental de Maturín 52.000
Real Esppor Club Caracas 2008 Brígido Iriarte 10.000
Trujillanos Fútbol Club Valera 25 de agosto de 1981 José Alberto Pérez 25.000
Tucanes de Amazonas Fútbol Club Puerto Ayacucho 2008 Antonio José de Sucre 10.000
Yaracuyanos Fútbol Club San Felipe 20 de febreiro de 2006 Florentino Oropeza 10.000
Zamora Fútbol Club Barinas 2 de febreiro de 1977 Agustín Tovar 27.500
Zulia Fútbol Club Maracaibo 16 de xaneiro de 2005 José Encarnación Romero 45.000

Palmarés[editar | editar a fonte]

O palmarés da liga está dominado polo Caracas FC e polo Deportivo Táchira FC, gañadores de 11 dos últimos 12 títulos. É salientable a cantidade de clubs campións que teñen desaparecido:

Nº Títulos Equipo Campionatos obtidos
11 Caracas Caracas Fútbol Club 1991/92, 1993/94, 1994/95, 1996/97, 2000/01, 2002/03, 2003/04, 2005/06, 2006/07, 2008/09, 2009/10
7 Estado Táchira Deportivo Táchira Fútbol Club 1979, 1981, 1984, 1986, 1999/00, 2007/08, 2010/11
5 Estado Miranda Deportivo Petare (antigo Deportivo Italia) 1961, 1963, 1966 , 1972, 1998/99
5 Estado Portuguesa Portuguesa Fútbol Club 1973, 1975, 1976, 1977, 1978
4 Estado Aragua Galicia de Aragua(antigo Deportivo Galicia) 1964, 1969, 1970, 1974
4 Caracas Club Deportivo Portugués 1958, 1960, 1962, 1967
4 Caracas Club Sport Marítimo de Venezuela 1986/87, 1987/88, 1989/90, 1992/1993
2 Estado Mérida Estudiantes de Mérida Fútbol Club 1980, 1985
2 Estado Mérida Universidad de Los Andes Fútbol Club 1983, 1990/91
1 Estado Bolivar Minervén Bolívar Fútbol Club 1995/96
1 Estado Zulia Unión Atlético Maracaibo 2004/05
1 Caracas Club Deportivo Español 1959
1 Estado Carabobo Carabobo Fútbol Club 1971
1 Estado Bolivar Club Deportivo Mineros de Guayana 1988/89
1 Caracas Universidad Central de Venezuela Fútbol Club 1957
1 Estado Zulia Atlético Zulia Fútbol Club 1997/98
1 Estado Lara Lara Fútbol Club 1965
1 Caracas Unión Deportiva Canarias 1968
1 Estado Táchira Club Atlético San Cristóbal 1982
1 Estado Táchira Club Nacional Táchira 2001/02

= Equipo desaparecido.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]