Ismael González Díaz
Ismael González Díaz | |
---|---|
Nacemento | 4 de outubro de 1939 |
O Barón | |
Falecemento | 25 de xullo de 2015 |
Móstoles | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor, poeta e director de cine |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ismael González Díaz, nado no Barón (O Carballiño) o 24 de outubro de 1939 e finado en Móstoles o 25 de xullo de 2015, foi un cineasta e escritor galego.
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu na parroquia de San Fiz do Barón, nome que empregaría na súa carreitra artística como pseudónimo (Féliz Varón). De familia republicana marchou co pai ao exilio á (Arxentina). Posteriormente emigrou a Caracas onde proseguiu diversos empregos que o foron encamiñando cara á cinematografía: vendedor ambulante, auxiliar de publicidade e finalmente xefe de departamento na distribuidora de filmes Salvador Cárcel C.A. Neste posto traballa en contacto co mundo da distribución, pois a compañía venezolana actuaba como representante no país da United Artists e doutras produtoras mexicanas e europeas.
Durante este tempo exerceu como xornalista en diferentes medios escritos, radiofónicos e televisivos de Venezuela. Traballou como correspondente en Cuba, durante os anos da revolución cubana, onde coñeceu os irmáns Fidel e Raúl Castro, Che Guevara e Camilo Cienfuegos. Posteriormente marchou a Nova York para traballar para a United Artists e a Screen Plays Inc., a produtora de Stanley Kramer.
En 1962 instalouse de novo en España, plenamente dedicado ao negocio da produción e distribución cinematográfica, onde fundou empresas como Cocinex, Ars Films, Catro G, e Ismael González Producciones Cinematográficas. Tamén fundou unha empresa de subtitulaxe. Traballou na produción, dirección e escrita de filmes de cine durante tres décadas e deixou sen rematar o proxecto de rodar un filme sobre a novela Memorias dun neno labrego[1].
Tamén dedicou boa parte dos seus últimos anos á escrita, tanto de novela e relato, como de poesía e de ensaio. Ademais do seu labor asociado ao cinema, en Venezuela foi un dos fundadores do sindicato da construción SUTIC e da Asociación de Xornalistas Venezolanos.
Filmografía[editar | editar a fonte]
A partir de establecerse en España traballou como produtor, guionista e mesmo director, especialmente de curtametraxes documentais. Nalgúns casos estas producións tocaron temas galegos, como o mosteiro de Oseira, Lugo ou os escritores Rosalía de Castro ou Curros Enríquez.
Porén, a comezos da década dos oitenta centrouse sobre todo no cinema erótico e pornográfico, con longametraxes que producía, escribía e dirixía.
Longametraxes como produtor[editar | editar a fonte]
- Prana, de Raúl Peña (1969)
- Fray Dólar, de Raúl Peña (1970)
- Crisis mortal (La sombra del girasol), de Luis Revenga (1970)
- Existió otra humanidad, de Julián Marcos (1977)
- Gamiani (1981)
- Yo amo a Hitler (1984)
- Sexos húmedos al sol (1985)
- Os Galegos (1990)
- 'O' de amor (1995)
Como guionista[editar | editar a fonte]
Curtametraxes[editar | editar a fonte]
- Cristo en la tierra (1969)
- Viaje musical por América (1970)
- Una extraña ilusión (1970)
- Recuerdo de Rosalía de Castro (1970)
- Pizarro, la conquista del Perú (1970)
- Navidad en la aldea (1970)
- Curros Enríquez, poeta del pueblo (1970)
- Un español en el Rin (1972)
- Lugo, la ciudad museo (1972)
- El maravilloso mundo de Salzillo (1972)
- Elkano, el hombre que dio la primera vuelta al mundo (1975)
- Milagro en El Palmar (1976)
- Mensaje a las estrellas (1976)
- Arte precolombino en el Perú (1976)
- Arte del tejido en el Antiguo Perú (1976)
- Neira Vilas: Memorias dun neno labrego (2002)
Longametraxes[editar | editar a fonte]
- Fray Dólar (1970)
- Existió otra humanidad (1977)
- Gamiani (1981)
- La canción de los niños (1982)
- Al sur del edén (1982)
- El orgasmo y el éxtasis (1982), baixo o pseudónimo de Féliz Varón.
- Los pornoaficionados (1982), baixo o pseudónimo de Féliz Varón.
- Yo amo a Hitler (1984), baixo o pseudónimo de Féliz Varón.
- Escuela de grandes putas (1985)
- Os Galegos (1990)
- 'O' de amor (1995)
Como director[editar | editar a fonte]
Curtametraxes[editar | editar a fonte]
- Mis canciones a España (1966)
- Venezuela canta en España (1967)
- Érase una vez un pajarillo (1969)
- Cristo en la tierra (1969)
- Pizarro, la conquista del Perú (1970)
- Navidad en la aldea (1970)
- Viaje musical por América (1970)
- Un español en el Rin (1972)
- Lugo, la ciudad museo (1972)
- La tierra donde nacían los conquistadores (1972)
- Museo naval (1975
- Elkano, el hombre que dio la primera vuelta al mundo (1975)
- Milagro en El Palmar (1976)
- Mensaje a las estrellas (1976)
- Arte precolombino en el Perú (1976)
- Arte del tejido en el Antiguo Perú (1976)
- Neira Vilas: Memorias dun neno labrego (2002)
Longametraxes[editar | editar a fonte]
- Gamiani (1981)
- La canción de los niños (1982)
- Al sur del edén (1982)
- El orgasmo y el éxtasis (1982), baixo o pseudónimo de Féliz Varón.
- Los pornoaficionados (1982), baixo o pseudónimo de Féliz Varón.
- Yo amo a Hitler (1984), baixo o pseudónimo de Féliz Varón.
- Escuela de grandes putas (1985)
- Sexos húmedos al sol (1985)
- Dulces coitos in Blue (1985)
- Os Galegos (1990)
- 'O' de amor (1995)
Obra literaria[editar | editar a fonte]
Entre os seus libros, ademais dos guións cinematrográficos, figuran varios volumes de poesía e de documentación.
Poesía[editar | editar a fonte]
- Algo que siempre quise decir y ahora digo: dos sucesos y algo así como siete poemas de tiempos de la represión franquista (1977)
- La dama de Elche (1982)
- Poemario (autoedición, 1982)
- Tianame (1989)
- La canción de Araguaney y otros cantos (Ediciós do Castro, 1992), ilustrado por Laxeiro.
- Adicado a vós (2001), ilustrado por Francisco Regueiro.
- Manifiesto poético libertario (Alén-Miño, 2002)
Narrativa[editar | editar a fonte]
- El duende ilustrado (Alén-Miño, 2003)
- Impopulares cuentos (Alén-Miño, 2004)
- Más allá del planeta Tierra (2004)
- Priscilián, guión para rodaxe (2007)
- O barco da memoria esquecida (2008)
- El crimen de Osera (2010)
- Testamento secreto (2010), da serie de Bob Cameron.
- El día en que Al-lah destruirá USA (2011), da serie de Bob Cameron.
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Excelentísimo Don Manuel (2003), sobre Manuel Fraga.
- Catro aviadores galegos (2006), sobre José Piñeiro, Durán Loriga, Iglesias Brage e Ramón Franco.
- O retratista de Gardel (2007)
- Mi querido cine español (2011)
Tamén participou no volume colectivo Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego (2008).
Vida persoal[editar | editar a fonte]
É pai de Ismael González Esteban, tamén director de cinema.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Óscar Iglesias (23 de xullo de 2007). "Aplazado el rodaje de 'Memorias dun neno labrego'". El País (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ismael González na IMDb (en inglés).
- Isabel Bugallal (23 de decembro de 2009). "Ismael González: "Cuando iba a París me quedaba en casa de Truffaut"". La Opinión (en castelán).
- Rubén Ventureira (24 de outubro de 2010). "Las pasiones olvidadas de tres directores gallegos". La Voz de Galicia (en castelán).
|