Saltar ao contido

Francisco Regueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Regueiro
Biografía
Nacemento2 de agosto de 1934 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Valladolid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , guionista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor em Wikidata - 1993 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0716748 Allocine: 17655 Allmovie: p107838 BNE: XX825103 Editar o valor em Wikidata

Francisco Regueiro, nado en Valladolid o 2 de agosto de 1934, é un director de cine e guionista español.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicialmente foi profesor de dereito mercantil e colaborador de El Norte de Castilla. En 1955 trasladouse a Madrid, onde se matriculou na Facultade de Xornalismo e traballou na Codorniz, onde coñeceu a Miguel Gila,[2] pero en 1957 marchou para ingresar na Escola Oficial de Cine (EOC), onde se licenciou en 1962. En 1961 gañou o Premio Sésamo de literatura con Las muchachas de los cabellos de lino.

Xunto a Gonzalo Suárez, Mario Camus e Carlos Saura, está considerado un dos membros destacados do "Novo cinema español".[3] En 1963 dirixiu a súa primeira película, El buen amor, coa que participou no XVI Festival Internacional de Cine de Cannes e impresionou a Luis Buñuel. A súa segunda película, Amador, tivo bastantes problemas coa censura. Non volveu rodar até 1967, Si volvemos a vernos, que recibiu as Medallas do Círculo de Escritores de Cine á mellor música, fotografía e decorados.[4] En 1972 roda Carta de amor de un asesino producida por Elías Querejeta, que nunca se estreou comercialmente. En 1975 acadou o éxito con Duerme, duerme, mi amor e Las bodas de Blanca. Despois pasou do cine á televisión, rodando en 1972 o episodio Cuento de la niña que se convirtió en una rata da serie Cuentos y leyendas,[5] e en 1983 o episodio La viuda valenciana da serie Las pícaras. Regresou ao cine en 1985, rodando Padre nuestro, considerada a súa película máis completa. En 1988 roda Diario de invierno e en 1993 Madregilda, sen ter dirixido ningún outro filme desde entón.[6] En 2016 recibiu a Espiga de honra da Semana Internacional de Cine de Valladolid.

Filmografía como director[editar | editar a fonte]

  • Madregilda (1993)
  • Diario de invierno (1988)
  • Padre nuestro (1985)
  • Las bodas de Blanca (1975)
  • Duerme, duerme, mi amor (1975)
  • Carta de amor de un asesino (1972)
  • Me enveneno de azules (1969)
  • Si volvemos a vernos (1968)
  • Amador (1964)
  • El buen amor (1963)
  • Sor Angélica Virgen (1962) -curtametraxe da E.O.C.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Francisco Regueiro". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  2. Galán, Diego (2015-06-29). "El orgullo y la capacidad creativa". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2024-06-01. 
  3. Francisco Regueiro a espanacultura.es
  4. "Palmarés 1967". cinecec.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2021. Consultado o 01 de xuño de 2024. 
  5. "Cuentos y leyendas: La niña que se convirtió en rata". RTVE Archivo. 2023-06-27. Consultado o 2024-06-01. 
  6. Francisco Regueiro a mcnbiografias