Isamu Noguchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Isamu Noguchi
Isamu Noguchi.jpg
Isamu Noguchi, 1941
Nacemento 17 de novembro de 1904
  Os Ánxeles
Falecemento 30 de decembro de 1988 (84 anos)
  Nova York
Causa Insuficiencia cardíaca
Nacionalidade Xapón e Estados Unidos de América
Alma máter Universidade de Columbia
Ocupación escultor e deseñador
Cónxuxe Yoshiko Yamaguchi
Coñecido/a por Cullen Sculpture Garden
Premios Bolsa Guggenheim e National Medal of Arts
editar datos en Wikidata ]

Isamu Noguchi, nado nos Ánxeles (California) o 17 de novembro de 1904 e finado en Nova York o 30 de decembro de 1988, foi un artista estadounidense-xaponés, creador de imaxes de duradeira elegancia en moi diversos medios. Coñecido sobre todo como escultor e como arquitecto paisaxístico, Noguchi foi ademais deseñador de escenarios, lámpadas e pezas de mobiliario de produción industrial, algunhas das cales son aínda hoxe manufacturadas e vendidas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo da escritora estadounidense Leonie Gilmour e do poeta xaponés Yone Noguchi, Isamu Noguchi. Aínda que a parella nunca casou, Yone Noguchi invitou en 1906 a Leonie a Toquio para coñecer o seu fillo e ó ano seguinte nai e fillo mudaríanse a Xapón onde pasaría o resto da súa infancia, residindo en Chigasaki e Iocoama.

En 1918 foi enviado ós Estados Unidos a estudar, graduándose en La Porte High School, Indiana en 1922. En 1924 Noguchi deixou a Universidade de Columbia, para perseguir a que sería a súa gran paixón para o resto da súa vida, a escultura.

Tras viaxar por Europa, India, China e varios outros paíse, comezará a gañar prominencia e exito profesional como escultor e finalmente como deseñador de obras a grande escal en moitas das maiores cidades do mundo.

Obras[editar | editar a fonte]

Entre as súas obras máis destacadas inclúense as seguintes.

A súa obra escultórica encóntrase esparexida por todo o mundo e no Isamu Noguchi Garden Museum en Long Island, Nova York.

O seu último proxecto foi o deseño de dun parque de 1,6 km² en Sapporo, Xapón. Deseñado en 1988, un pouco antes da súa morte, o parque Moerenuma foi rematado e aberto ó público no 2004.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Altshuler, Bruce (1995). Isamu Noguchi (Modern Masters). Abbeville Press, Inc. ISBN 1-55859-755-7.
  • Ashton, Dore; Hare, Denise Brown (1993). Noguchi East and West. University of California Press. ISBN 0-520-08340-7.
  • Noguchi, Isamu et al (1986). Space of Akari and Stone. Chronicle Books. ISBN 0-87701-405-1.
  • Torres, Ana Maria; Williams, Tod (2000). Isamu Noguchi: A Study of Space. The Monticelli Press. ISBN 1-58093-054-9.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]